A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

jueves, 13 de octubre de 2011

Off Mental - programa 01

 Durutti Column (Vini Really & band)

Primeiro programa en Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ) da serie OFF MENTAL, conducido e apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] donde ouviremos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, lonxe dos circuitos comerciais e de distribución habituais, cuxo denominador común vai ser a creatividade.

Este espazo que hoxe nace está inspirado no Bumerang, programa de radio apresentado por Agustín Galán a mediados dos 80s, na desaparecida Radio Cadena Española [RCE] reconvertida xa nos 90 en Radio 5 [RNE]. A súa forma de entender a música, de maneira ampla e sen fronteiras, tivo unha fonda influencia en min. Moitas daquelas músicas e artistas que descubrín no Bumerang, van soar tambén en OFF MENTAL, xunto con outras novas e sempre procurando o noso propio camiño...

Set list da 1ª edición da serie Off Mental:
  •  DURUTTI COLUMN - Florence sunset (sintonía do programa)
  •  DURUTTI COLUMN - Red shoes.
  •  DURUTTI COLUMN - For madeline [II].
  •  JOY DIVISION - Transmission.
  •  LOW [Tributo a Joy Division] - Transmission (versión).
  •  SUBMARINE [Tributo a Joy Division] - Transmission (versión).
  •  MASALA - Jart jungle.
  •  HAROLD BUDD, DANIEL LENTZ, JESSICA KASSAKER - Kiss
  •  MILITIA - Su Santidad.
  •  HOWARD, HAYWARD, FRITH, LASWELL - Mingle.
  •  JAPAN - Gohsts.
  •  DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - September.
  •  DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - The boy with the gun.


2 comentarios:

  1. Na túa liña, un moi bo programa. Personal e interesante.
    Coñecía a maioría. Algúns máis polo nome que por suas obras.
    Por certo, parece ca música de Japan percorre os nosos programas. Ja,ja,ja.
    Tiña pensado poñer a Japan no seguinte programa, mais o facelo ti, no creo que teña moito senso poñelo de novo.
    E curios, é un grupo que no é dous meus favoritos, nembargantes ten algo que cada día que pasa engancha mais.
    Meus parabens por esta nova e interesante proposta.
    Me declaro Off-mentalista.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas! É o primeiro programa, dalgún xeito tiña que arrancar! A pretensión e fazer algo similiar ao que fazía Agustín Galan en Bumeráng de Radio Cadena, non sei se lembras. Para min é unha referencia canto a amplitude musical.

    Hai que poñer a Japan, da igual que o poñe eu!!! Gosto moito de Japan e de David Silvyan en solitario e das súas colaboracións con tipos realmente sospeitosos [Sakamoto, algún integrante de CAN...]

    Benvido ao clube dos off-mentalistas!!!

    Apertas!

    andré

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...