A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

domingo, 2 de enero de 2011

Blogs doutras músicas interesantes na rede.

offmentalteca
Ista é unha relación aberta de blogs cos que me fun atopando na procura de información de artistas e `músicas sen fronteiras´ das que gostamos por aquí. É unha colleita en bruto que se irá ampliando, diferente á seleccionada na columna da dereita deste blog; admítense suxestións. A rede é estupenda; se profundamos nela atopamos xente marabillosa descubríndonos outras músicas que non interesan aos medios de difusión de masas, por non responder a unha pretendida "comercialidade". Un selo discográfico lévache a novos artistas; un grupo lévache a outro; un artista, unha historia... e así até o infinito mentres lle pomos banda sonora as nosas vidas, sen sabelo. Algúns destes enlaces irán morrendo, mentres outros nacerán, mesmo coma se for seres vivos. Detrás de todos eles hai xente entusiasmada coas `outras músicas posíbeis´ neste planeta común...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...