A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

domingo, 4 de marzo de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Entrevista a LITO VITALE (10/01/1990)

Lito Vitale Cuarteto

Con esta entrada comezo unha serie de programas donde postearei edicións do mítico programa Diálogos 3 [Radio 3-RNE], presentado e dirixido por Ramón Trecet. As gravacións orixinais proceden de cintas de casetes que eu mesmo rexistrei naqueles anos. Unha vez dixitalizadas, as subirei á Archive.org, Ivoox e as enlazarei neste blog.

Non hai certeza de que estes programas estean no arquivo sonoro de RNE; o certo é que no podcast de Dialogos 3, na web de Radio 3, non se atopan.

Na entrada que abre esta serie, escoitaremos unha entrevista ao músico arxentino Lito Vitale, que daquela contaba con 23 anos, e viña de publicar o seu album La Senda Infinita coa participación creativa do cuarteto que o levou ao éxito. O programa está repleto de intervencións telefónicas dos ouvintes e foi realizado un 10 de xaneiro de 1990, como era habitual, as 3 da tarde...

Llibre difusión con referencia á fonte documental. Obrigado.
Fonte documental: aquivo sonoro do Pequeno Monstro (http://offmental.blogspot.com)

2 comentarios:

  1. Que grande aquela intro de Clannad. E Lito Vitale, que grande. Costa crer que non dispoñan de copias do programa na propia RNE. Eu podería rescatar algunhas de meu pai (eu tiña 10 anos daquela). Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Olá Xulio!! Pois así es, de feito na web de Radio 3, so hai uns cantos programas, case todos recentes. Hai outras canles no Ivoox doutras persoas que están recupernado tb. moitos dos programas. Pero estas teñen de especial que son máis antigas e ademáis especiais de artistas, selos, estilos.... Se tes na casa algunha desas casetes do teu pai,, ois non deixes de dixitalizar polo menos algunha delas, que che pareza interesante... e nolo contas por aqui ;)

    un saúdo e grazas polo comentario.

    pequeno monstro.

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...