A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

mércores, 18 de xuño de 2014

Off Mental - programa 62

Don Cherry, Collin Walcott e Naná Vanconcelos (Codona)

Cuarto e último dos especiais adicados ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa escoitamos unha colleita da formación CODONA, que publicou tres álbumes en ECM nos anos 1978, 1980 e 1982. Irrepetíbel trío musical de jazz e world music, integrado por Don Cherry (trompeta, frauta...), Collin Walcott (sitar, taboa, timbais, sarod...) e Naná Vasconcelos (percusión).

Selección musical:
  • Codona 1 (ECM, 1978).
          - Codona.
          - Mumakata.
          - New Light.
  • Codona 2 (ECM, 1980).
          - Malinye.
  • Codona 3 (ECM, 1982).
          - Hey da ba doom.

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. 
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio.


 
 Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...