A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

venres, 24 de outubro de 2014

Off Mental - programa 65

O cuarteto Interior (esquerda), Mark Isham (arriba) e Ray Lynch (ao pé)

Segunda metade do especial, iniciado a semana pasada, adicada ao selo Windham Hill. Neste programa, un achegamento ás biografías e músicas de Mark Isham, Ray Lynch e o cuarteteo nipón de música electrónica, Interior (Eiki Nonaka, Mitsuru Sawamura, Tsukasa Betto e Daisuke Hinata).

Selección musical:
  • MARK ISHAM (Lp. Tibet. Windham Hill, 1989).
          - Part I (extracto).
          - Part II.
  • INTERIOR* (Lp. Interior. Edición de Windham Hill, 1989). 
          - Technobose.
          - Hot beach.
  • INTERIOR (Lp. Interior. Edición de Yen Records, 1985). 
          - Cold beach.
  • INTERIOR (Lp. Desing. Windham Hill, 1987).
          - River. 
  • RAY LYNCH (Lp The Sky of Mind. Music West Records, 1983 / Windham Hill, 1992).
          - Good news.
          - The temple (extracto).

(*) Referencias ao cuarteto "Interior" tiradas de: http://solsticiodeinvierno.blogspot.com
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. 
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera, Radio Redondela e TT Radio / Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.


mércores, 8 de outubro de 2014

Off Mental - programa 64

Imaxe: http://windhaming.com/

Primeiro achegamento ao selo Windham Hill, ao través da historia que protagoniza o seu creador, William Ackerman. Will, naceu na Alemaña do leste e foi adoptado por unha parella norteamericana, vivindo na súa nenez en Palo Alto (California); máis tarde trasladaríase a Windham Country, en Vermont (Nova Inglaterra)...

Selección musical:
  • WILLIAM ACKERMAN - Proccessional (Conferring with the moon. Windham Hill Rcds, 1986).
  • WILLIAM ACKERMAN (cello: Dan Reiter, english horn: Robert Hubbard, piano: George Winston, violin: Darol Anger, guitar: Will Ackerman) - Remedios (Passage. Windham Hill, 1981).
  • DAROL ANGER & BARBARA HIGBIE - Tidelina (Tideline. Windham Hill, 1982).
  • GEORGE WINSTON - Woods (Autumn. Windham Hill, 1980).
  • ALEX DE GRASSI - Turning (Turning: Turning back. Windham Hill, 1979).
  • METAMORA - Through the woods (Morning Walk. Windham Hill, 1988)
  • NIGHTNOISE - Timewinds (Something of Time. Windham Hill, 1987).
  • RAY LYNCH - The Oh of pleasuare (Deep Breakfast. Windham Hill, 1991).
  • MARK ISHAM - Tibet, part III (Tibet. Windham Hill, 1989).
Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio (on line). 


Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.

luns, 6 de outubro de 2014

Radio Redondela, súmase a emisión de Off Mental.


Radio Redondela, 94.9 FM, da rede de emisoras Radiofusión, incorpórase a difusión de Off Mental. Súmase así as emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107,9 FM (Compostela) e TT Radio (on line). En Radio Redondela, o espazo terá continuidade quincenal e poderá sintonizarse os xoves entre as 11:00 e 12:00 da noite, ao través do 94.9 FM.

"Radio Redondela, (RR) é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo, na procura da igualdade de xénero, integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega... RR, tenta contribuir ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico... procurando información interesante esquecidas noutros medios de comunicación".

Radio Redondela, é por tanto o espazo natural de emisión de propostas coma Off Mental, un programa de músicas independentes non sometido as regras do mercado, sendo o seu único interés a difusión da "cara b da música", donde o denominador común é a creatividade, con independencia do tempo, espazo, ou etiqueta baixo a que fór creada.

Benvidas, Radio Redondela, 94.9 FM, a cara "b" da música.

Audio promos:

 

Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...