A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

luns, 6 de outubro de 2014

Radio Redondela, súmase a emisión de Off Mental.


Radio Redondela, 94.9 FM, da rede de emisoras Radiofusión, incorpórase a difusión de Off Mental. Súmase así as emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107,9 FM (Compostela) e TT Radio (on line). En Radio Redondela, o espazo terá continuidade quincenal e poderá sintonizarse os xoves entre as 11:00 e 12:00 da noite, ao través do 94.9 FM.

"Radio Redondela, (RR) é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo, na procura da igualdade de xénero, integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega... RR, tenta contribuir ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico... procurando información interesante esquecidas noutros medios de comunicación".

Radio Redondela, é por tanto o espazo natural de emisión de propostas coma Off Mental, un programa de músicas independentes non sometido as regras do mercado, sendo o seu único interés a difusión da "cara b da música", donde o denominador común é a creatividade, con independencia do tempo, espazo, ou etiqueta baixo a que fór creada.

Benvidas, Radio Redondela, 94.9 FM, a cara "b" da música.

Audio promos:

 

Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...