A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

miércoles, 9 de marzo de 2016

Diálogos 3 - entrevista a Luis Delgado nos `Encuentros de Nueva Música´ de Sevilla (24/10/1989)

Luis Delgado

Restacamos estoutra edición histórica de Diálogos 3 (Radio 3-RNE) concucida por Ramón Trecet e realizada o 24 de outubro de 1989.

No transcurso do programa Ramón conversa con Luis Delgado nas horas previas ao seu concerto dentro do festival `Encuentros de Nueva Música´ de Sevilla, un clásico daqueles anos. O Teatro Lope de Vega sería o marco daquel evento, tras unha complicada montaxe técnica para o directo de `Alquibla´, serie documental dirixida por Rafael Carratalá con guión de Juan Goytisolo que divulga cultura árabe, e que naquela altura emitía TVE. Naquel concerto de Sevilla, acompañando a Luis Delgado no cenario, estiveron: Begoña OlavideCuco PérezJavier Bergia e Carlos Paniagua (da saga Paniagua). Neste enlace podes ler unha crónica do acontecido.

Os diálogos que teñen lugar durante o programa entre Trecet, Luis Delgado e ouvintes,  poñen de manifesto a pouca importancia coa que no seu programa trataba Trecet a músicos como Luis Delgado e iniciativas tan interesantes como o selo estatal `El Cometa de Madrid´ (La Orquesta de las Nubes, Patricia Escudero, Enrique Mateu, Macias, Ishinohana, Mecánica Popular, Luis Paniagua...). Hoxendía as referencias de `El Cometa´ son moi valoradas e procuradas por coleccionistas de todo o mundo. 

O certo é que, transcorridos 28 anos da emisión deste espazo, Luis Delgado segue a ser un dos músicos máis interesantes que teñan xurdido no Estado español. Integrante ou fundador de bandas coma Imán Califato Independiente, rock sinfónico; de formacións de música antiga (das tres culturas) coma Atrium Musicae, Música AntiguaIbn BayaCálamus ou Babia; de floc coma La Musgaña; de corte experimental coma Mecánica PopularIshinohana... sen esquecer as súas aventuras en solitario (Vathek). Ademáis, Luis Delgado é produtor e asesor musical para Planetarios, compositor de bandas sonoras para filmes, documentarios, teatro, ballet, e posuidor dunha das máis completas coleccións de instrumentos que poden verse no seu propio museu, o `Museo de la Música, Colección Luis Delgado´ na localidade vallisoletana de Urueña.

Disfrutade da interesante gravación...


Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) e deste bog (Off Mental).

Outras referencias a Luis Delgado neste blog: aquí.
Outros Diálogos 3 rescatados polo Pequeno Monstro: aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...