A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

miércoles, 23 de marzo de 2016

Diálogos 3 - especial audición de Nightwatch (Paul Halley) - emisión primeiros 90´s


Unha nova gravación, dixitalizada do meu arquivo sonoro, dun dos programas de Diálogos 3 (Radio 3), conducido por Ramón Trecet. Inda que non a teño documentada temporalmente, pola súa temática especial, debeu ser emitida nos primeiros 90. O programa non está completo e comeza coa segunda das pezas, dentro da audición do primeiro traballo de Paul Halley (Nightwatch, 1982) orixinalmente autoeditado polo autor en cinta casete e vinilo. No ano 1998 foi reeditado en disco compacto, coa portada que acompaña esta entrada. En calquer caso, na gravación deste Diálogos 3, disfrutaredes de case 22 min. do estupendo son do grande órgano da Catedral St. John the Divine (New York), interpretado por Halley e, como non, dos comentarios de Trecet.

Paul Halley naceu en Inglaterra en 1952 e cantou no coro da St. Matthew´s Church (Ottawa), cando a súa familia emigrou alí. Ao 16 anos, coma alumno do Real Conservatorio de Toronto, acada unha beca para especializarse en órgano no Trinity College de Cambridge. Entre os anos 1977 e 1989 exerce coma organista e mestre de capela da Catedral San John the Divine, colaborando co Paul Winter Consort na composición da Misa Gaia. Xa coma integrante e compositor do Consort, acada cinco premios Grammy. En 1999 abandona a formación de Paul Winter para comezar unha carreira en solitario. Na actualidade toca o órgano e canta na Capella Regalis Men e no coro de nenos King´s Chorus, ademáis de dirixir o King´s College Chapel Choir en Halifax, Nova Scotia (fonte: wikipedia).

A discografía de Paul Halley, como solista ao órgano e piano, mesmo sendo parte do Paul Winter Consort, é o seguinte: "Nightwatch" (1982), "Pianosong" (1986), "New Friend" (1986) con Eugene Friesen, "Whales Alive" (1987) con Paul Winter e Leonard Ninmoy, "Angel on a Stone Wall" (1991), 2Sound Over All Waters" (1998) con Theresa Thomason e, até a data, "Triptych" (2000).

En Nightwatch. a obra que recorre esta edición especial de Diálogos 3, reflicte aspectos cambiantes da noite, dende o fin da tarde até o mencer. A súa meditación improvisada execútaa dende o grande órgano da St. John de Divine, no transcorrer de cinco noites de gravación. A obra está divida en cinco partes: "Sunset/Dusk", "MoonDance", "Nocturne", "Nightwatch" e "Dawn/Sunrise". Máis información de como se desenvolve cada unha das partes, aquí.

Nota: libre difusión coa indicación da fonte e enlace blog: arquivo Pequeno Monstro (http://offmental.blogspot.com). Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...