A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

viernes, 1 de abril de 2016

Novo blog temático adicado ás gravacións perdidas de Diálogos 3.


Teño o prazer de vos apresentar un novo blog temático adicado ao mítico programa de Radio 3 (RNE) Diálogos 3. Nel compilarei todas as edicións de Diálogos que até agora publiquei neste blog, Off Mental, e outras novas, que irei subindo paseniñamente.

As gravacións ás que teredes acceso son recuperadas e dixitalizadas do meu arquivo sonoro, rexistradas orixinamente en cita casete, que acompaño cunha pequena entrada introdutoria. A maioría delas foron emitidas nos primeiros anos noventa en Radio 3 (RNE) apresentadas polo director do espazo, Ramón Trecet, e algunhas outras por Lara López. A caracteristica fundamental destas gravacións é que se trata de especiais de fin de semana (sí, durante un tempo Dialogos 3 se emitiu tamén en fin de semana) donde Ramón e Lara a aproveitaban para programar discos enteiros, biografías de artistas, monográficos de selos discográficos, estilos, etc.

Esté é o novo sitio: http://dialogos3radio3.blogspot.com

Agardo que gostedes.

Pequeno Monstro (1/04/2016)


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...