A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

Amosando publicacións coa etiqueta Jaime Muñoz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jaime Muñoz. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de maio de 2013

Concerto KEPA JUNKERA & LA MUSGAÑA (Toxos e Froles. Ferrol, 27/04/2013)

Cataz do evento


Concertos celebrados o pasado sábado 27 de abril de 2013 en Ferrol, dentro das Xornadas Culturais Abertas que está a organizar o Toxos e Froles. O evento, de entrada libre e gratuita, tivo unha grande acollida de público, ficando moitas persoas fóra da sá.

Descoñezo porque este concerto non se celebrou no Teatro Jofre, pois tivera sido o marco máis axeitado, sobre todo logo de constatarse que o local de Toxos quedou pequeno. Non sei se o edil de Cultura ten álgun problema con Kepa Junkera... tendo en conta os antecedentes deste individuo (do edil). En todo caso no cartaz que anuncia este evento figura coma colaborador o Concello de Ferrol o cal é esperanzador.

Nunca cidade tan falta dunha programación cultural en consonancia coa súa masa social é de subliñar o esforzo de Toxos e Froles canto a programación destas Xornadas Culturais Abertas, donde até o neno que aparece en varias ocasións na gravación advertindo aos seus pais "que non lle gusta nada e que quere marchar xa", agradecerá toda a súa vida ter ouvido algo diferente ao habitual.

Canto aos artistas, Kepa Junkera únicamente acompañado pola súa "infernal" trikitixa, veu de actúar por vez primeira na cidade de Ferrol, inda que como el mesmo di na gravación, hai moitos anos xa foi convidado "a actuar" polo Estado, mais declinou o convite... Que un artista coma Kepa Junkera pise por vez primeira un cenario da nosa cidade, logo de máis de 25 anos de traxectoria, só pode tomarse con muito humor... Afortutadamente si é un habitual nos diferentes festivais de música folk que no vrao se celebran na nosa contorna.

Pola súa banda, Carlos Beceiro, un dos integrantes-fundadores de La Musgaña é orixinario de Narón, na nosa comarca, polo que houbo tempo para a lembranza... Entre el e máis Jaime Muñoz, a outra metade do dúo que conforma hoxe La Musgaña, apresentaron o seu último álbum, "Entre dos".

A toma de son desta gravación é do son ambiente, mais penso que a cualidade é axeitada para compartillala neste blog, se os autores das obras non teñen inconveniente, claro...


Concerto de Kepa Junkera.

Concerto de La Musgaña (con intervención de Kepa Junkera ao final).

venres, 29 de marzo de 2013

Off Mental - programa 48

Ensemble Ibn Báya (Ahmed El Gazzi, L. Delgado, E. Paniagua, Omar Metioui)


Edición nº 48 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras.

Especial LUIS DELGADO, multi-instrumentista, compositor, produtor e investigador (2ª parte). Neste segundo achegamento, escoitamos parte da súa produzón musical relacionada coa tradición e a música antigua.


LUIS DELGADO - Al Ándalus. Sonifolk/Lyricon, 1993 
  • El baño de la Princcsa Sabiha.
  • La poesía de Ibn Zamrak en la Paraxa.

LUIS DELGADO (con Omar Metioui, E. Paniagua, J. Muñoz, C. Beceiro, J. Bergia, A. Moreno & M.A. Serghini) - El Sueño de Al Zaqqâq. Nubenegra, 1997
  • El saludo (voz Aurora Moreno).
  • El aurora nocturna (voz Mohamed el Arabí Serguini).
  • El cinturón y el brazalete (voz Aurora Moreno).

ENSEMBLE IBN BÁYA (Omar Metioui & Eduardo Paniagua, con Amed Al-Gazi, Mohamed el Arabí Serghini,  Abdesselam Amrani  Boukhobza, Gloria Lergo e Luis Delgado) - Núba al-Máya. Sony Classical, 1997
  • [II - mizan qa'im wa-nisf] - twishya 2.
  • San'a, Hin nalqa l-malih  (Cuando atopamos a fermosura).
  • San'a, bi-dinam  (instrumental).
  • San'a, 'aqli' abbah  (A miña mente cautiva).
  • San'a, 'unZhur ila l-bustan  (Contempla os xardíns).
  • San'a, idha nadhkuru  (Se lembramos).

Selección musical, comentarios e control técnico: O Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).

martes, 22 de xaneiro de 2013

Off Mental - programa 44

Héctor Perezagua con Neverend  (Foto: Víctor Perezagua)


Edición nº 44 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM. Conduce: Pequeno Monstro.

Especial VIRGEN CIEGA (Héctor Perezagua). Selección da súa produzón sonora.
  • VIDAS DE LOBOS (2007-2009).
  1.  Procesional
  2.  Vidas de Lobos
  3.  Sin Título
  4.  I.A.
  • LAS TUMBAS.
  1. Las Tumbas 2 (inclúe fragmento do "Miserere" de Gregorio Alegri, 1638).
  2. Las Tumbas 4 (inclúe fragmento de "Stranger in Paradise" de Tony Bennett, 1953).
  3. Las Tumbas 6
  4. Las Tumbas 8
  • PURGATORY, BSO (Asinada coma Héctor Perezagua).
  1. An Empty Room
  2. Church
  3. Hanna´s Boy Friend
  • DANZA DE LA GRAVA (Estrea. Adianto single 2013)

Ademáis, escoitamos algunhas das referencias que influenciaron a Héctor Perezagua.
  • TEST DEPT - Fuckhead (The Unacceptable face of Freedom. Ministry of Power Records, 1987)
  • LA MUSGAÑA - Carnestolendas: Rondón (El Paso de la Estantigua. 2012)


Video: Purgatory. Dirección: Samuelle C. Márquez. Música orixinal de: Héctor Perezagua.

+ info:

- http://virgenciega.blogspot.com
http://soundcloud.com/hectorperezagua
- http://egarpar.blogspot.com.es/2012/10/virgen-ciega-vidas-de-lobos-2007-2009.html
http://virgenciega.blogspot.com.es/2013/01/virgen-ciega-en-off-mental-radio.html (referencia de Virgen Ciega a este especial).
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...