A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

Amosando publicacións coa etiqueta Manfred Eicher. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manfred Eicher. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de novembro de 2023

Off Mental - 119 (Keith Jarrett / Oregon / Collin Walcott)

Keith Jarrett / Collin Walcott (Oregon)


Edición nº 119 de Off Mental. 

Coa incorporación de Rádio FilispiM, 93.9 FM a difusión do programa, presentamos este especial ECM, co foco posto en Keith Jarrett, Oregon e o seu percusionista/sitarista, Collin Walcott.

      Neste programa:

  • KEITH JARRETT - Arbour Zena (ECM, 1976)
- Solara march.
- Runes.
  • KEITH JARRETT - Invocations (ECM, 1981) 
- Recognition.                
  • OREGON - Distant Hills (Vanguard, 1973)
- Song for a friend.    
  • COLLIN WALCOTT - Claud Dance (ECM, 1976) 
- Cloud dance.
  • OREGON - Crossing (ECM, 1985)
 - Travel by day.
  • OREGON - Ecotopia (ECM, 1987)
- Twice around the sun.
   
Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—. 
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos) e PodGalego
Medios interesados en redifusión previa comunicación, grazas: offmental@gmail.com

mércores, 18 de xuño de 2014

Off Mental - programa 62

Don Cherry, Collin Walcott e Naná Vanconcelos (Codona)

Cuarto e último dos especiais adicados ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa escoitamos unha colleita da formación CODONA, que publicou tres álbumes en ECM nos anos 1978, 1980 e 1982. Irrepetíbel trío musical de jazz e world music, integrado por Don Cherry (trompeta, frauta...), Collin Walcott (sitar, taboa, timbais, sarod...) e Naná Vasconcelos (percusión).

Selección musical:
  • Codona 1 (ECM, 1978).
          - Codona.
          - Mumakata.
          - New Light.
  • Codona 2 (ECM, 1980).
          - Malinye.
  • Codona 3 (ECM, 1982).
          - Hey da ba doom.

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. 
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio.


 
 Súmate a difusión deste programa en radios alternativas. Contacta co Pequeno Monstro.

sábado, 19 de abril de 2014

Off Mental - programa 60



Segundo especial adicado ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa, adaptamos radiofónicamente unha entrevista realizada polo xornalista Ferrán Esteve ao director executivo de ECM, que baixo o título "Mandred Eicher. L´home que va fer sonar el silenci", apareceu no nº 19 da revista Jaç (editorial Enderrock), correspondente aos meses de xaneiro/febreiro de 2008. A versión orixinal de dita entrevista pode atoparse neste enlace: http://lesveusdeljazz.blogspot.com.es

Para ilustrar musicalmente a entrevista, seleccionamos pezas do recompilatorio ECM - SPECTRUM, VOL. 1 (ECM Records, 1987).
  •  OREGON - The Rapids.
  •  PAT METHENY GROUP - Barcarole.
  •  KEITH JARRETT TRIO - Never let me go.
  •  L. SHANKAR - Paper nut.
  •  EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS - Tomarapeba.
  •  JOHN ABERCROMBIE TRIO - Clint.
  •  TERJE RYPDAL - Sunrise.
  •  JOHN SURMAN - Doxology.
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio


Súmate a difusión deste programa en radios alternativas.Contacta co Pequeno Monstro.

xoves, 20 de marzo de 2014

Off Mental - programa 59

Keith Jarrett & Jan Garbarek

Primeiro dos especiais que adicaremos ao selo alemá de música ECM (Edition of Contemporary Music). Fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor Manfred Eicher, no transcorrer da súa existenza gravaron para ECM (e os seus subselos), artistas coma: Keith Jarret, Jan Garbarek, Chick Corea, Gary Burton, Jack DeJohnette, Dave Holland, Pat Metheny, Ralph Towner, Art Ensemble of Chicago, Barre Phillips, Meredith Monk... 

  • BARRE PHILLIPS - Mountainscape. ECM, 1976.
       - Mountainscape V
       - Mountainscape VII
       - Mountainscape VIII *

  Barre Phillips - composición e contrabaixo.
  John Surman - saxos, clarinete e sintetizadores.
  Dieter Feichtner - sintetizadores.
  Stu Martin - percusión e sintetizadores
  (*) John Abercrombie - guitarra.

  • KEITH JARRETT - Luminessence. ECM, 1975.
         - Luminessence.
         - Numinor.

  Keith Jarrett - composición.
  Jan Garbarek - saxo.
  Südfunk Symphony Orchestra Stuttgart - cordas

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro. 
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio.

 


Súmate a difusión deste programa en radios alternativas.Contacta co Pequeno Monstro.

domingo, 11 de marzo de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial catálogo ECM - parte 1 (marzo 1992)

Manfred Eicher (ECM)

Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3-RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog.

O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que soaban de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada.

Neste primeiro programa, RamónTrecet conta como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que gravarían as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional.

Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos pinceladas en cada un dos artistas do catálogo de Múnich ECM, resultando unha "nova música" de corte Europeo que unida ao deseño artístico das portadas conforman a personalidade única deste intersante selo alemá. De feito, as audaciais musicais, ou mesmo visuais [artísticos deseños das carpetas] do catálogo ECM, foron máis tarde emuladas por outros selos con maior ou peor fortuna, coma CODA Records, Narada, Innovative Communications ou, o caso máis evidente, Windham Hill.

Neste primeiro Diálogos 3 adicado a ECM, escoitamos:
  •  PAT METHENY [New Chautauqua, 1979]
  •  CHICK COREA & RETURN TO FOREVER [Return to Forever, 1972]
  •  RALPH TOWNER con Jan Garbarak, Eberhard Weber & Jon Crhistensen [Solstice, 1977]
  •  MEREDITH MONK [Dolmen Music for 6 voices, 1979]
Fechamos os ollos e sintonizamos. Fin de semana do mes de marzo de 1992, tres da tarde, Radio 3, Ramón Trecet, Diálogos 3...



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...