A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

Amosando publicacións coa etiqueta Return to Forever. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Return to Forever. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de setembro de 2015

Off Mental - programa 76

A particular discoteca do pequenomonstro


Regresa `Off Mental´ tras un parón estacional. Un saúdo especial ás emisoras que se reincorporan, ou apuntan por vez primeira nesta grella, a difusión da cara "b" da música: Radio FilispiM (Ferrol), Radio Kalimera (Compostela), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Negreira e Radio Redondela.

Nesta edición:
  • Erik Satie - Gymnopédie nº 1 (versión orquestrada por Claude Debussy) - I Cameristi Orquestra da Camera di Trento e Verona, dirixida por Dini Diego Ciacci.
  • Amancio Prada - Leliadoura (Lp  Leliadoura - Fonomusic, 1980).
  • Anna Domino - Lake (Lp. This Time - Les Disques du Crépuscule, 1987). 
  • Stomu Yamashta -  Tempest fantasia (Lp. Tempest OST - Casablanca Rcds, 1982).
  • Barre Phillips - Part VI (Lp. Journal Violone II. ECM, 1980).
  • Chick Corea/Return to Forever - 500 Miles high  -voz: Flora Purim (Lp. Light as a Feather - Polydor, 1973).
  • Steps Ahead w/ Eliane Elias, piano - Pools (Lp. Steps Ahead - Elektra Musician, 1983).
  • Clunia Jazz - Canción para Lucas (Lp. Rúa Cega - Edigal, 1986).

Presenta e conduce: André pequenomonstro.
Radios alternativas interesadas na difusión escribir a: offmental@gmail.com


domingo, 11 de marzo de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial catálogo ECM - parte 1 (marzo 1992)

Manfred Eicher (ECM)

Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3-RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog.

O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que soaban de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada.

Neste primeiro programa, RamónTrecet conta como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que gravarían as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional.

Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos pinceladas en cada un dos artistas do catálogo de Múnich ECM, resultando unha "nova música" de corte Europeo que unida ao deseño artístico das portadas conforman a personalidade única deste intersante selo alemá. De feito, as audaciais musicais, ou mesmo visuais [artísticos deseños das carpetas] do catálogo ECM, foron máis tarde emuladas por outros selos con maior ou peor fortuna, coma CODA Records, Narada, Innovative Communications ou, o caso máis evidente, Windham Hill.

Neste primeiro Diálogos 3 adicado a ECM, escoitamos:
  •  PAT METHENY [New Chautauqua, 1979]
  •  CHICK COREA & RETURN TO FOREVER [Return to Forever, 1972]
  •  RALPH TOWNER con Jan Garbarak, Eberhard Weber & Jon Crhistensen [Solstice, 1977]
  •  MEREDITH MONK [Dolmen Music for 6 voices, 1979]
Fechamos os ollos e sintonizamos. Fin de semana do mes de marzo de 1992, tres da tarde, Radio 3, Ramón Trecet, Diálogos 3...



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...