A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

Amosando publicacións coa etiqueta Viejo Café Europa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viejo Café Europa. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de setembro de 2013

Regresa Off Mental, a cara "B" da música na cara "B" da radio.

A cara "B" de todo.

Unha tempada máis regresa Off Mental o programa da cara "B" da música na cara "B" da radio. 

Nova sintonía, novas intencións, novos enfoques que tentarán lle dar un novo ár a particular colleita do Pequeno Monstro. Istos son os novos horarios na Rádio FilispiM, 93.9 FM: domingos de 23:00 á 24:00 h. e martes de 15:00 á 16:00 h.

Como sempre, ista proposta está aberta a emisión por outras radios sen ánimo de lucro, que previamente o comuniquen ao Pequeno Monstro, responsábel do espazo. A emisión pode serguirse igualmente vía streaming para todo o mundo ao través deste blog, ou mesmo do blog de Rádio Filispim, http://opaii.blogspot.com. Como xa é habitual, o podcast do espazo estará disponible via Ivoox para súa escoita/descarga.

Quero agradecer a Atom Cobalto (Fabrik) a composición da peza "FilispiM" que utilicei na gravación desta cunha-promo. Ista peza foi orixinalmente incluida no álbum Obsolescencia Programada (El Que? Produkt, 2013), coma chiscadelo a  radio libre que emite dende Ferrol, pola difusión que esta emisora fai en programas coma Retroevolución das músicas do catálogo El Que? Produkt. A peza orixinal podedes ouvila nese álbum e por suposto, curiosear entre as moitas propostas que Atom Cobalto protagoniza en solitario ou xunto a Victor Rozalen (Juventudes Lesbianas, El Viejo Café Europa, Ocnelie Illmatik...), mesmo afondar no catálogo completo do selo valenciano El Que? Produkt.

Non é a primeira vez que os responsábeis do selo El Que? Produkt dende valencia se misturan coa Rádio FilispiM, así aconteceu coa proposta:  Radio FilispiM presenta Retro-Evolución, homenaje a El Que? Produkt, 2012. Que a sinerxia continúe... e o dito, volvemos con moita cara "B".

 

mércores, 22 de maio de 2013

Off Mental - programa 51

Eletronique mon amour. Elque? Produkt, 2013

Edición nº 51 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Especial adicado ao ente herculino RETRO MECHANICAL EVOLUTION.

Electronique mon amour. Elqué? Produkt (2013).
  • Oyendo tu lamento.
  • Hoffnungslosigkeit.
  • Hass und angst.
  • Frío en el espacio.
  • Muñecas muertas.
  • Radio sequence.
  • Electronique mon amour.

As remisturas de RETRO MECHANICAL EVOLUTION dentro do álbum Das Kinetic Remix, VIEJO CAFÉ EUROPA. Elqué? Produkt (2013). 
  • Atomic Kraff.
  • Your simple life.
Selección musical, comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filsipim (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela), radios libres.



+ info e libre descarga das músicas en:
-  http://elquemusic.blogspot.com.es/2013/05/retro-mechanical-evolution-electronique.html
-  http://elquemusic.blogspot.com.es/2013/05/viejo-cafe-de-europa-das-kinetik-re-mix.HTML

+ Referencias a esta entrada:
http://egarpar.blogspot.com.es/2013/05/programa-51-de-off-mental-dedicado.html

luns, 7 de xaneiro de 2013

Off Mental - programa 43

Viejo Café de Europa. Das Kinetik Effekt (El Que? Produkt, 2012)


Edición nº 43 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM. Selección musical, comentarios e control técnico de son,  Pequeno Monstro.

Especial VIEJO CAFÉ DE EUROPA [Victor Rozalen & Atom Cobalto]. Selección do seu álbum, Das Kinetik Effekt [El Que? Produkt, 2012].
  • Radioansage GroBdeutscher.
  • An Lucable Fault Location.
  • Bernardo.
  • Darkflow.
  • Your Simple Life.
  • El Rey de la Oscuridad.

Ademáis, escoitamos algunhas das bandas que influencian aos VIEJO CAFÉ DE EUROPA.
  • NITZER EBB - Backlash - mix nº4 [Shame 12". Mute Records, 1989].
  • THIS MORTAL COIL - Acid, Bitter & Sad [Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].
  • KRAFTWERK - Antenna [Radio-Activity. Capital Records, 1975]
  • Y.M.O. - Computer Game - extracto [Y.M.O. Alfa Records, 1979]
  • Y.M.O. - Firecracker [Y.M.O. Alfa Records, 1979].




+ info Viejo Café de Europa: http://cafedeeuropa.blogspot.com / http://elquemusic.blogspot.com
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...