A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

domingo, 2 de xaneiro de 2011

Blogs doutras músicas interesantes na rede.

offmentalteca


Ista é unha relación aberta de blogs cos que me fun atopando na procura de información de artistas e `músicas sen fronteiras´ das que gostamos por aquí. É unha colleita en bruto que se irá ampliando, diferente á seleccionada na columna da dereita deste blog; admítense suxestións. A rede é estupenda; se profundamos nela atopamos xente marabillosa descubríndonos outras músicas que non interesan aos medios de difusión de masas, por non responder a unha pretendida "comercialidade". Un selo discográfico lévache a novos artistas; un grupo lévache a outro; un artista, unha historia... e así até o infinito mentres lle pomos banda sonora as nosas vidas, sen sabelo. Algúns destes enlaces irán morrendo, mentres outros nacerán, mesmo coma se for seres vivos. Detrás de todos eles hai xente entusiasmada coas `outras músicas posíbeis´ neste planeta común...


1 comentario:

  1. ¡Deches no cravo!
    Ese é para mín o mais bonito que ten a rede.
    Dende que escomencei a usa internet, o que mais gustoume é o feito de que parace que empezas unha viaxe sen rumbo fixo, sobor de todo cando atopei os blogues.
    Un leva a outro, unha información a outra, buscabas sobor dun grupo pero estoutro tamén ten boa pinta e non o coñecía, a ver que din dél................
    Apaixoante. E eu ainda non me cansei de mirar.
    Saudos sintéticos.

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...