A cara `B´ da música, na cara `B´ da radio. Conduce: O Pequeno Monstro.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Off Mental - programa 52

Imaxe coorporativa de Egg Records na "galleta" dos vinilos.

Aquí estamos de novo baixo o mesmo espíritu: a cara "B" da música na cara "B" da radio. Por certo, estreamos nova sintonía: un extracto de The Object is a Hungry Wolf (Andrew Poppy. The Beating of Wings. ZTT Records,1985). 

Neste programa, primeira aproximación ao selo francés Egg Records, que resucita a finais da década dos 70´s e suporía un paso adiante canto a música progresiva realizada até daquela, cun catálogo certamente sorprendente cuxos artistas irán pasando polos vindeiros programas: Alain Markusfeld, Michel Magne, Tin Blake, Ose, Conrad Schnitzler, François Brèant, Roedelius, Asmun Tietchens, Heldon, Patrick Vian (o fillo de Boris) ou mesmo Vangelis.

  • ALAIN MARKUSFELD - Platock concerto. 1º Mouvement (Platock. Egg Records, 1978).
  • ALAIN MARKUSFELD - Platock concerto. 2º Mouvement (Platock. Egg Records, 1978).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.1 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.2 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.3 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.4 (Comtemporus. Egg Records, 1979).
  • MICHEL MAGNE - Signaux Codes Non Identifiés (Elements Nº1. La Terre. Egg, 1978).
  • MICHEL MAGNE - Trip Psychiatrique (Elements Nº1. La Terre. Egg Records, 1978).
  • MICHEL MAGNE - Planètes Et Forêts (Elements Nº1. La Terre. Egg Records, 1978).

Realización técnica, selección musical e comentarios: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).
Para sumarse a emisión contacte co Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).


4 comentarios:

  1. Estes programas sempre me resultan instructivos e escoito cousas das que non tiña coñecemente. Poden gustarme mais ou menos, pero o importante e o que se aprende.
    Saúdos sintéticos.

    ResponderEliminar
  2. Como sempre tan atento Chorby, teño que mirar de non ser tan "tocho" cos programas. A intención sempre é facelo variado, pero teño que reconocer que me cego cos artistas e acabo facendo programas monocolor...ademáis retomar o programa sempre é unha oportunidade para cambialo. A ver si me aplico as intencións. Menos mal que ninguén me deixa de pagar por istes arrebatos ;)

    ResponderEliminar
  3. Pero los "ciclos" que haces a veces en torno a un artista o sello también son muy interesantes, y no diría que son poco variados. En Radio Clásica he oído ciclos de hasta 8 programas en torno a un compositor en concreto y, créeme que cuando se trata de presentar a una figura rica y poliédrica (ya sea un autor, un movimiento o una discográfica...), la propia diversidad de las obras seleccionadas lo hacen tremendamente atractivo. Descargando el segundo capítulo de Egg Records, ya te contaré ;)

    ResponderEliminar
  4. Pues muchas gracias, porque como veras me he lanzado con el "huevo" ... no tengo remedio ;)

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...