A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

luns, 8 de novembro de 2021

Off Mental - programa 96 (Trajedesaliva)

Trajedesaliva (Mon Ningúen / unavena)

Edición nº 96 de Off Mental. 

Contido:
  • POPOL VUH (Lp. Aguirre. Ohr, 1975) 
          - Aguirre I (L´acrima di rei)
          - Morgengruss II
  • POPOL VUH (CD. Aguirre. BMG, 2019)
          - Aguirre III (tema extra, reedición CD)
  • TRAJEDESALIVA (CD. Ultratumba. A Marxe, Ferror Rcds, GHR, 2021)
          - Todo era blanco.
          - A casa por las vías.
          - Familia Ferro.
          - Arenas calientes.
          - Mamá es un animal morado.
  • HÉCTOR PEREZAGUA - Olas de ónice (sintonía Off Mental). Esaú Reguilón, cello.
Presenta e conduce: André C. Pastor, Pequeno Monstro. 
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo) e PodGalego
Outros medios interesados na emisión, contactar en: radiomonstro@gmail.com

domingo, 7 de novembro de 2021

Héctor Perezagua (Virgen Ciega, Neverend) compón a sintonía de Off Mental.

Héctor Perezagua e Easú Reguilón ultimando a sintonía de Off Mental.
 

Como ben sabedes Off Mental está de volta, tras máis de catro anos de silencio. Celebrámolo con relocente nova sintonía, "Olas de ónice", composta, ex profeso para o programa por Héctor Perezagua (Virgen Ciega, Neverend...). As persoas seguidoras do programa ben coñecedes ao autor (especial Perezagua), porén, engadimos anotacións biográficas actualizadas, así como referencia a Esaú Reguilón, quen aporta arranxos e interpretación do cello á peza.

Héctor Perezagua (Madrid, 1988).
Formóuse como clarinetista, mais non tardou en descubrir as posibilidades dos sintetizadores e software musical. A súa andaina iniciouse en 2007 con Virgen Ciega, proxecto polifacético que evolucionou rápidamente desde unha proposta electrónica de atmósferas industriais até un modelo estético próximo á música de cámara. Foi nesta última etapa, entre 2013 e 2014, cando se incorporan Luis Miguel López ao clarinete e Ana Belén Lopezosa á viola. Ambolos dous intérpretes de formación clásica. A fascinación de Perezagua pola música tradicional maniféstase, de xeito latente ou explicito, na traxetoria de Virgen Ciega. Bo exemplo é a peza "Canción de la aduana".

Por outra banda, o músico madrileño formou parte de Neverend, conxunto de rock alternativo que desenvolveu a súa actividade entre 2009 y 2019, con tres álbumes no mercado: "Silent", "The Singularity Code: Acoustic" e "Isolation". Nestoutra aventura, Héctor Perezagua aportou sons sintéticos e futuristas ao quinteto encabezado pola cantante Mar Souan. O grupo despediuse participando na banda sonora de "Hijas de Cynisca", documental que denuncia a desigualdad entre mulleres e homes no deporte.

Paralelamente, Héctor compón música para producións audiovisuais. Videocreación, curtametraxe, documental ou sintonías para podcasts, entre as que destacan:
  • "Las tumbas" (2007), videocreación de Elena García-Oliveros, banda sonora orixinal asinada como Virgen Ciega.
  • "Purgatory" (2012), curtametraxe de Samuel Márquez
  • "Northern Red Sea", episodio da serie documental "Top Dive Sites" (2012)
  • "Íntimo feroz" (2020), videocreación do colectivo Toxic Lesbian, que ademáis inclúe pezas orixinais de Alva Noto.
  • "Olas de ónice", sintonía para o programa de radio "Off Mental" (2021).

Esaú Reguilón (Madrid, 1993).
Naceu no barrio de Vallecas. Musicólogo, a piques de rematar o grao superior de cello. Comezou relativamente tarde a tocar un instrumento clásico, 18 anos, porén é un namorado da música con maiúsculas. Esaú aporta, á composción de Héctor Perezagua, á intepretación e arranxos ao cello.

Podes escoitar a nova sintonía do programa ao comezo e final de: Off Mental - programa 96.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...