A cara B da música, na cara B da radio. Conduce: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

venres, 1 de abril de 2016

Recuperamos as gravacións perdidas de Diálogos 3 (Radio 3).


Teño o pracer de presentar un novo blog temático adicado ao mítico programa de Radio 3 (RNE) Diálogos 3. As gravacións rexistradas orixinalmente en cinta casete, recuperadas do meu arquivo sonoro, serán dixitalizadas e acompañdas dunha pequena entrada introdutoria. A meirande parte dos contidos foron emitidos nos primeiros anos noventa e presentadas polo director do espazo, Ramón Trecet. Noutros casos están presentadas por Lara López. A característica fundamental destas gravacións é que se trata de especiais de fin de semana (durante un tempo Dialogos 3 emitíuse, ademáis, en fin de semana) onde Ramón e Lara programaban especiais de discos que se radiaban na súa integridade, biografías de artistas, monográficos de selos discográficos, estilos, etc.

Enlace do novo blog temáticohttp://dialogos3radio3.blogspot.com

Agardo que gostedes.

André C. Pastor, pequeno monstro (1/04/2016)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...