![]() |
Isao Tomita no seu estudo. |
Novo especial de Diálogos 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón ISAO TOMITA.
Se na primeira metade deste especial falamos dos instrumentos, nestoutra nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista desta entrada/programa, Isao Tomita.
En 1970, na Alemaña, Ralf Hutter e Florian Schneider, fundan Kraftwerk; ámbolos dous se coñeceran dous anos antes estudando música clásica no conservatorio de Dusseldorf. Nacen cunha visión urbana e industrial do mundo que os rodea, nun contexto de espectacular desenvolvemento industrial e de infraestruturas: rañaceos, autoestradas, electrodomésticos... A música tecno vén sendo o folk urbano, o contemporáneo latexo da urbe.
Naqueles anos, Edgar Froese, Christopher Franke e Steve Schroyder, forman Tangerine Dream [TD], tamén alemáns, que editan o álbum Alpha Centauri [1971] nunha época onde o impacto da carreira pola conquista do espazo protagoniza o panorama músical e a sociedade en xeral. Pola súa banda, Conrad Schnitzler abandona TD para regresar por un tempo a outra das bandas seminais da nova música, Cluster, da que pronto sairá para iniciar a súa carreira en solitaro. Klaus Schulze tamén abandona TD e funda Ashra Tempel. Todas estas bandas se engloban dentro da etiqueta krautrock [ou kosmiche musik] xurdida na Alemaña Occidental a finais dos 60, un subxénero do chamado rock progresivo, con moita máis ambición creativa e de matiz contracultural.
Os 60 foron anos convulsos e revolucionarios. Na Alemaña uns poucos visionarios deciden crear unha identidade social e cultural propia, alonxada tanto da influencia británica coma da falsa identidade alemá creada polas potencias vencedoras na II Guerra Mundial [URSS, EEUU, Inglaterra e Franza], que impuñan unha lei de silencio que borraba da memoria colectiva calquer feito anterior ao 1945. Nese daldo de cultivo xurde un dos movimentos musicais máis revolucionarios [estética e políticamente falando] da historia da música "popular", o krautrock. Aqueles xóvenes intrépidos alemás non podían imaxinar que acabarían sendo o xérmolo da "deslavazada" e "hedonista" música electrónica dos nosos días, coma tampouco imaxinan quen hoxe a disfrutan que nos seus alicerces están mesmo as comunas libertarias de Munich do 1968.

Estes novos músicos usaban elementos do rock sicodélico, experimentaban con "collages" de sons e efectos xurdidos dos novos instrumentos electrónicos, improvisaban, creaban atmósferas, incorporaban elementos da música clásica contemporánea [música concreta] ou mesmo filtreaban co minimalismo da primeira xerazón [La Monte Young], free jazz, avantgarde ou a música oriental.
As bandas daquel krautrock eran ben diversas. Mentres Tangerine Dream realizaban musica planeadora ou space rock, Faust e Kraftwerk exploraban sons máis industriais. Pola súa banda, Cluster [Moebius, Roedelius, Brian Eno] e Popol Vuh, facían unha aproximación ao ambient, que chegada a década dos 80 se popularizou coma New Age. Outras bandas coma Agitació Free, experimentaban con jazz e elementos etnicos.
Naquel movimento krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas:
1. A Escola de Berlín, refírese ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Téndese a identificala coa kosmiche music [música cósmica, planeadora].
2. A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e rítmicas liñas de baixo, acompañadas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sedon as pezas fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario.
O certo é que a popularidade do krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral do momento foi escasa. Agora ben, nos seguintes anos bandas de todo o mundo se verían influenciadas por aquelas formacións pioneiras alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos.
De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da "nova música", atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.
Naquel movimento krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas:
1. A Escola de Berlín, refírese ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Téndese a identificala coa kosmiche music [música cósmica, planeadora].
2. A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e rítmicas liñas de baixo, acompañadas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sedon as pezas fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario.
O certo é que a popularidade do krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral do momento foi escasa. Agora ben, nos seguintes anos bandas de todo o mundo se verían influenciadas por aquelas formacións pioneiras alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos.
De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da "nova música", atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.
En Inglaterra, Pink Floyd están nunha das fases máis cósmicas, co seu album Meddle [1971].
En Grecia, un músico chamado Evángelos Odiseas Papathanassiou, máis coñecido coma Vangelis, se atopa nunha etapa de transición decisiva na súa carreira musical. A banda Aphrodite´s Child disólvese, tras o álbum con referencias bíblicas e pasaxes altamente experimentais 666 [1972], donde o músico Vangelis asume a composición. Desta época é o seu álbum en solitario, fantastica BSO da serie documental adicada ao reino animal, L´Apocalypse des Animaux [1973].
Estamos nos primeiros anos 70. A música electrónica aínda se relaciona coas "viaxes" lisérxícas da LSD e alucinacións de combatentes da Guerra do Vietnam. Mais todos aqueles primeiros instrumentos electrónicos están a punto de se estender aos xéneros máis populares da música: o rock e o pop. Bandas coma Yes, Génesis e Jan Hammer, comezan a incorporalos nas súas gravazóns e directos...
Na URSS, Eduard Artemiev prosegue a súa innovadorda carreira musical, con traballos coma a BSO de Solaris [1968]. Pese ao telón de silencio da época, artistas da Europa do Leste comezan a darse a coñecer ao outro lado do telón de aceiro: o polaco Marek Bilinsky, o iugoslavo Laza Ristovski, o alemán oriental Rainer Oleak, e os húngaros Petr Hapka, Gabor Pressor e Laszlo Benko.

Volvendo á Alemaña, Kraftwerk comeza a ter éxito, coa publicación do álbum Autobahn [1974] un canto ás autoestradas, que dá a coñecer o tecno en Europa. Nel, cantan ao través dun prototipo de vocoder construído especialmente para eles, como moitos dos instrumentos que utilizan. Se Tangerine Dream popularizaron o secuenciador, na confección de complexos ritmos, Kraftwerk popularizaría o vocoder, logrando voces metálicas que semellan proceder dun robot. O certo é que o vocoder foi inventado nos anos 30 e non tiña na súa orixe aplicacións musicais, senón militares, como codificador/decodificador de voz, para enmascarar ou desenmascarar conversacións telefónicas, coma una parte máis do sistema de "Intelixencia Aliada" durante a II Guerra Mundial.
Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975], donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica coma non se oira até daquela. Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon [1975] in the Malaysian Pale, un complexo e innovador traballo.
Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975], donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica coma non se oira até daquela. Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon [1975] in the Malaysian Pale, un complexo e innovador traballo.
A finais dos setenta Conrad Schitzler, colleita un grande éxito co seu Super Sound Single [1980], traballo que augura un brilante porvir á música electrónica máis aló da experimentación e "pirotécnia", ou mesmo fascinación, dos primeiros momentos.
Deixamos a Alemaña sen marchar de mediados dos 70. En Italia, autores coma Giuliano Sorgini son pioneiros nunha música totalmente electrónica para bandas sonoras de películas de terror.
En Grecia Vangelis crea o estudio de gravación Nemo Studios, que dará forma a algunha das súas mellores produzóns, o álbum Heaven and Hell [1975], unha das obras mestras da nova música electrónica, onde os aspectos épicos e místicos son os protagonistas, lonxe da oleada cósmica e planeadora do krautrock alemán. Unha proba sonora de que a música electrónica non é sinónimo de frialdade e robótica, se cadra, pode transmitir emocións e sentimentos en igualdade de condicións ca unha orquestra tradicional acústica, coa particularidade de poder crear novos sons e ambientes, coa axuda da tecnoloxía, de aí a consideración de "nova música" cando falamos deste apaixoante periodo da música contemporánea máis "popular".
E chegamos ao Xapón, donde un tal Isao Tomita segue as pegadas de Wendy Carlos adicándose inicialmente a facer versións electrónicas de pezas do repertorio clásico, substituíndo a orquesta acústica polos novos instrumentos electrónicos.
Isao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestración e composición mentres estudia historia da arte na universidade. Gradúase en 1955 e convírtese en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para a equipa ximnástica nipona.

Nese mesmo ano, 1974, Tomita, compón a música para o filme nipón Last Days of Planet Earth. Naqueles anos utiliza a técnica denominada klangfarbenmelodie, ao usar voces sintetizadas. Os seus seguintes traballos serán de novo arranxos dos seus clásicos favoritos, The Firebird [1975] de Igor Stravinski, Pictures at an Exhibition [1975]de Mussorgsky, ou The Planets [1976] de Gustav Holst.
En 1998 compón unha fantasía sinfónica híbrida para osquestra e sintetizador titulada The Tale of Genji, inspirada nunha historia xaponesa homónima. Dita partitura, orixinal de Tomita, foi interpretada por orquestras tradicionais en Tokio, Los Ángeles e Londres. En 1999 publicouse en CD a gravazón en directo dun daqueles concertos, seguida dunha versión xa de estudio, para sintetizadores, no ano 2000. A súa partitura para sintetizador gañou o premio da Academia Xaponesa en 2003 en recoñecementos aos logros acadados na música. A obra musical de Isao Tomita é numerosa e pode consultarse neste enlace.
Regresamos ao planeta terral. Diálogos 3, Radio 3. Segunda metade do especial dos "Inicios da Música Electrónica" [Isao Tomita]. Conduce: Ramón Trecet.
- http://es.wikipedia.org/wiki/Isao_Tomita
- http://artcontext.com/artskool/jem/itc.html
- http://notoquesmassam.blogspot.com.es/2012/02/krautrock-rebirth-of-germany.html
Outros enlaces interesantes:
- http://www.scannerfm.com/actualidad/%C2%BFque-es-el-krautrock/
- http://www.scannerfm.com/especial/krautrock-music-for-your-brain/
- http://www.scannerfm.com/especial/krautrock-abre-tu-mente-y-ii/
- http://www.audionautas.com/2011/03/krautrock-rebirth-of-germany.html