Rescatamos un extracto dunha das edicións de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.
Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.
INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985, ao través de Windham Hill Records.
Xa en 1987 apropia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR, o titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman; así acontece no sampler editado por WH en 1989.
A breve, agachada, pero sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]
Canto a Alfa Records e Yen Records, pequenas, de curta vida pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:
|
Logo da nipona Alfa Records |
A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a Yellow Magic Orchestra [YMO] chegou a gravar varios discos.
Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.
Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial referencia a banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.
+ info sobre Interior no estupendo blog: http://ixarano.blogspot.com.es/