Off Mental

A cara B da música, na cara B da radio. Conduce: André Pequeno Monstro.

lunes, 8 de noviembre de 2021

Off Mental - programa 96

Trajedesaliva (Mon Ningúen / unavena)

Edición nº 96 de Off Mental. 

Contido:
  • POPOL VUH (Lp. Aguirre. Ohr, 1975) 
          - Aguirre I (L´acrima di rei)
          - Morgengruss II
  • POPOL VUH (CD. Aguirre. BMG, 2019)
          - Aguirre III (tema extra, reedición CD)
  • TRAJEDESALIVA (CD. Ultratumba. A Marxe, Ferror Rcds, GHR, 2021)
          - Todo era blanco.
          - A casa por las vías.
          - Familia Ferro.
          - Arenas calientes.
          - Mamá es un animal morado.
  • HÉCTOR PEREZAGUA - Olas de ónice (sintonía Off Mental). Esaú Reguilón, cello.
Presenta e conduce: André C. Pastor, Pequeno Monstro. 
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo) e PodGalego
Outros medios interesados na emisión, contactar en: radiomonstro@gmail.com

domingo, 7 de noviembre de 2021

Héctor Perezagua (Virgen Ciega, Neverend) compón a sintonía de Off Mental.

Héctor Perezagua e Easú Reguilón, ultimando a sintonía de Off Mental.
 

Como ben sabedes Off Mental está de volta, tras máis de catro anos de silencio. Celebrámolo con relocente nova sintonía, "Olas de Onice", composta, ex profeso para o programa por Héctor Perezagua (Virgen Ciega, Neverend...). As persoas seguidoras do programa ben coñecedes ao autor (especial Perezagua), porén, engadimos anotacións biográficas actualizadas, así como referencia a Esaú Reguilón, quen aporta arranxos e interpretación do cello á peza.

Héctor Perezagua (Madrid, 1988).
Formóuse como clarinetista, mais non tardou en descubrir as posibilidades dos sintetizadores e software musical. A súa andaina iniciouse en 2007 con Virgen Ciega, proxecto polifacético que evolucionou rápidamente desde unha proposta electrónica de atmósferas industriais até un modelo estético próximo á música de cámara. Foi nesta última etapa, entre 2013 e 2014, cando se incorporan Luis Miguel López ao clarinete e Ana Belén Lopezosa á viola. Ambolos dous intérpretes de formación clásica. A fascinación de Perezagua pola música tradicional maniféstase, de xeito latente ou explicito, na traxetoria de Virgen Ciega. Bo exemplo é a peza "Canción de la aduana".

Por outra banda, o músico madrileño formou parte de Neverend, conxunto de rock alternativo que desenvolveu a súa actividade entre 2009 y 2019, con tres álbumes no mercado: "Silent", "The Singularity Code: Acoustic" e "Isolation". Nestoutra aventura, Héctor Perezagua aportou sons sintéticos e futuristas ao quinteto encabezado pola cantante Mar Souan. O grupo despediuse participando na banda sonora de "Hijas de Cynisca", documental que denuncia a desigualdad entre mulleres e homes no deporte.

Paralelamente, Héctor compón música para producións audiovisuais. Videocreación, curtametraxe, documental ou sintonías para podcasts, entre as que destacan:
  • "Las tumbas" (2007), videocreación de Elena García-Oliveros, banda sonora orixinal asinada como Virgen Ciega.
  • "Purgatory" (2012), curtametraxe de Samuel Márquez
  • "Northern Red Sea", episodio da serie documental "Top Dive Sites" (2012)
  • "Íntimo feroz" (2020), videocreación do colectivo Toxic Lesbian, que ademáis inclúe pezas orixinais de Alva Noto.
  • Sintonía para o programa de radio "Off Mental" (2021).

Esaú Reguilón (Madrid, 1993).
Naceu no barrio de Vallecas. Musicólogo, a piques de rematar o grao superior de cello. Comezou relativamente tarde a tocar un instrumento clásico, 18 anos, porén é un namorado da música con maiúsculas. Esaú aporta, á composción de Héctor Perezagua, á intepretación e arranxos ao cello.

Podes escoitar a nova sintonía do programa ao comezo e final de: Off Mental - programa 96.

jueves, 18 de febrero de 2021

Trajedesaliva - Ultrabumba (2021). Reseña

Trajedesaliva
 

Interrompemos este silencio para falar do novo disco de Trajedesaliva, Ultratumba (áMarxe, Ferror Rcds, Gradual Hate Rcds, 2021), quinto na súa agochada carreira discográfica.


Trajedesaliva son Mon Ninguén e unavena, galegos de orixe extramundana sen pretensións de transcendencia, como pode tirarse dos seus alcumes.

Tiven a sorte de coñecelos e entrevistalos en Divertimento para pequenos monstros na etapa de Radio Fene, en febreiro de 2001, hai agora vinte anos, onde falamos dos seus primeiros traballos: El Cuerpo y la Ciudad (Splat, 1999) e Mima (Free Rcds, 2000).

A agardada publicación de Ultratumba cadróume co visionado do filme Aguirre, a ira de Deus (Wermer Herzog, 1971) coa impactante música de Popol Vuh, polo que as conexións foron ineludibles. Si ben a asociación da música de Trajedesaliva co dark ambient é obvia, a acertadísima elección da electrónica analóxica e o seu tratamento nos retrotrae ao krautrock (kosmiche musik), nomeadamente, Cluster e Harmonia de Hans-Joachim Roedelius, Dieter Moebius e Michael Rother.

Ultratumba é un traballo conceptual, na liña dos xa publicados polo dúo. A súa principal diferenza é que está realizado con electrónica analóxica, a golpe de pinceladas emocionais, solemnidade e escura beleza, administradas coa mestría adquirida polo dúo durante moitos anos na trastenda da industria musical española e mundial.

O traballo está dividido en dúas metades, que paso a diseccionar:

1. Todo era blanco.

Breve melodía repetitiva a xeito de sintonía. Un fondo de órgano trasládanos a nunha catedral submerxida. Contida pulsación. É tan só o principio.

2. A casa por las vías.

Tras unha breve introdución instrumental, primeiro texto e narración de unavena: "Aquí nace y muere mi luna, ya podemos quemar los campos...". Logo dun desenrolo instrumental, que parece desatarse, regresa a contención.

3. Familia Ferro.

Breve intro instrumental que pronto descubre a peza máis industrial do álbum. Siderurxia emocional. Segundo texto de unavena: "Una fachada de ocho cortes, un escondrijo, otro idioma, una canción..."

4. Arenas calientes.

Tras unha breve melodia repetitiva, aparece un colchón de electrónica analóxica que ben poderían ser coros... de Ultratumba. Cara o final da peza aparécese, esta vez susurrante, a voz e textos de unavena: "Al pequeño y a mi nos gusta pensar que, de vez en cuando, los cadáveres salen de la tumba con una capita de estrella en los brazos, un sol nuevo....". Inquedante.

5. Mamá es un animal morado.

A segunda parte de Ultratumba comeza cunha melodía que nos introduce nesa emoción contida que, posiblemente, defina o estado anímico deste ser latente. Na miña opinión estamos diante dunha peza de arrebatadora beleza, conmovedora. A inspirada música e certera execución de Mon Ninguén, en sintonía cos textos e voz de unavena, semellan en estado de graza: "Mamá es un animal morado. Es un espacio ancho, abierto... oscuro".

6. Mammillaria sempervivi.

Co nome deste captus de crecimento lento, continúan Trajedesaliva na liña da anterior peza. De novo os preciosos textos de unavena, contados desde as entrañas: "Por el canal de tu pecho bajan treinta que se hacen la cama con tu pelo, alga, hilo y lino de laguna...". Precioso. Despois, un breve latido percutivo, dos máis evidentes do álbum, onde os ritmos son administrados por Mon Ninguén con precisión cirurxá. Debín sentir algo así cos primeiros New Order trala caída de Joy Division (The Him -Movement, 1981).

7. Queremos verte.

Un órgano electrónico ilumina a escena a xeito introdutorio do seguinte episodio desta Ultratumba contada por unavena: "Sal mamá, queremos verte, ven al río que hace bueno..." A peza, a diferenza das restantes, remata abrutamente, deixando un silenzo que será roto no seguinte dos cortes cunha sentenza demoledora...

8. Ultratumba.

"Mi madre en el fondo se rompió. Una parte subió al cielo, la otra no". Coa sentida voz de unavena, a xeito de epílogo, da comezo a última peza de Ultratumba, a máis longa do traballo (6:30). Tras un desenrolo de máis de dous minutos, unha melodía aparécese minimal, evocadora. De novo ambientes que nos retrotraen aos Cluster de Roedelius. Logo de leves pinceladas percutivas, regresamos á catedral do órgano submerxido na que comezabamos esta viaxe... Antes de que todo termine, a sentencia demoledora volve conmocionarnos. Unha marabilla.

En definitiva, Ultratumba é o traballo máis elaborado de Trajedesaliva, concebido sen concesións comerciais, tras un proceso lento e baixo un especial estado de ánimo que, sen dúbida, logran transmitir á súa pequena pero grande lexión de seguidores. Unha marabilla cuxa escoita é recomendábel racionar dada a súa alta voltaxe emocional.

Mon Ninguén, unavena, grazas por (r)existir.

___________________________
André C. Pastor —Pequeno Monstro—.
Condutor en: Off Mental / 80 Vinilos/h / Divertimento para pequenos Monstros.
Produtor/coeditor en: Producións/Edicións Imaxinarias.

Enlace relacionado: entrevista a Trajedesaliva en DarkValencia: http://darkvalencia.com/entrevista-trajedesaliva-ultratumba-2021/

miércoles, 14 de junio de 2017

Off Mental - programa 95 (Especial Moondog)

Moondog (Louis Thomas Hardin)

Edición nº 95 de Off Mental. 

Contido:
  • MOONDOG (selección da súa discografía):
          - Bird´s lament
          - Dog trot
          - I´m this I´m that
          - Log in B
          - Marimba mondo
          - Paris
          - The Message + Fujiyama 2
          - Voices of spring (voice: June Hardin)
          - Do your thing
          - Oo debut
          - Viking I

  • KENNY GRAHAM & HIS SATELLITES (Lp. Moondog and Suncat Suite, 1957):
          - 2 West 46th Street (orixinal de Moondog)
  • DANIEL LANOIS (CD. Here is What is, 2008):
           - Moondog
  • MOONDOG (selección):
            - Frost flower 
            - Bird´s lament (fondo na despedida)


Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".  Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera, Rádio Piratona (Vigo) e Radio Redondela. Outras radios alternativas interesadas na emisión, contactar co Pequeno Monstro


Fonte documentalhttp://www.moondogscorner.dehttps://en.wikipedia.org/wiki/Moondog

martes, 18 de abril de 2017

Off Mental - programa 94

Decorados de La Création du Mond (Fernand Léger)

Edición nº 94 de Off Mental. 

Contido:
  • DARIUS MILHAUD - CD. La Création du Mond, opus 81
          - Orquestra da Ópera de Lyon. Dir: Kent Nagano.

  • THOMAS WILBRANDT & The Philharmonia Orchestra - CD. The Electric V. (Mercury Rcds, 1984)
          - The Heat.
          - Hot Stuff.
          - The Meditation.
          - Thunder and Lghtning.

Baseada nas Estacións de Antonio Vivaldi. Arreglos e (re)composición: Thomas Wilbrandt, Simon Jeffes & Klaus Buhlert. Producido por: Thomas Wilbrandt & Simon Jeffes.
  • REED MAIDENBERG - CD. Unexpected Beauty (RhythMythology Music, 1986)
           - Marimba Dream.
 
Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".  Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera, Rádio Piratona (Vigo) e Radio Redondela. Outras radios alternativas interesadas na emisión contactar co Pequeno Monstro

martes, 14 de marzo de 2017

Off Mental - programa 93


Edición nº 93 de Off Mental. 

Contido:
  • LA DÜSSELDORF - Viva (Strand, 1978).
          - Rheinita.
          - Viva.
          - Geld.
  • OREGON - Oregon (ECM, 1983).
          - The rapids.
          - Beside a brook.
          - Impending bloom.
  • MEREDITH MONK - Book of days (ECM, 1990).
          - Fields/Clouds.
          - Jewish storyteller/Dance/Dream.
   
Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".  Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera, Rádio Piratona (Vigo) e Radio Redondela. Outras radios alternativas interesadas na emisión contactar co Pequeno MonstroAgradecementos especiais a Araceli Tzigane polas voces nas cuñas/promos do programa.

lunes, 26 de diciembre de 2016

Off Mental - programa 92

Douwe Eisenga

Edición nº 92 de Off Mental. 

Contido:
  • YAS-KAZ - Shiroi michi -Camino blanco- (CD. Shinran-Shiroi Michi. Canyon, 1987-Lyricon, 1991).
  • DOUWE EISENGA - Piano Concerto -Movement I- (CD. Rose Road-City Lines. Zefir Rcds, 2006).
  • KRONOS QUARTET-PHILIP GLASS - Movement I & Movement V -Quartet nº 5- (CD. Kronos Quartet performs Philip Glass, Nonesuch, 1995).
  • JOHN ADAMS - Movement I-Skakin and trembling -Shaker Loops- (CD. Nonesuch Late Night. Nonesuch, 1995).
  • ASHRA - Pas de Trois (Lp. Correlatións. Virgin, 1979).
     
Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".  Difunden: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera, Rádio Piratona (Vigo) e Radio Redondela. Outras radios alternativas interesadas na emisión contactar co Pequeno Monstro.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...