A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

venres, 26 de decembro de 2014

Off Mental - programa 69

Llorenç Barber

Edición nº 69 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Terceiro  achegamento ao desaparecido selo estatal HYADES ARTS, desta vez coa audición dun dos "conciertos ciudadanos" do artista sonoro valenciá, Llorenç Barber.

Sobre o autor: 
"Llorenç Barber i Colomer, nado en Aielo de Malferit (provincia de València) o 6 de agosto de 1948, é un compositor, escenógrafo e director musical. Introdutor do minimalismo musical en España e creador dos xéneros de «música plurifocal» («concertos de cidade», «naumaquias», «tauromaquias», «concertos dos sentidos», «concertos itinerantes», etc). Tamén levou a cabo unha importante labor como creador de colectivos en torno á arte de vangarda e a música posmoderna (...)". -wiki-

Sobre a obra: "A principios de 1988, Llorenç Barber, creou o que sen dúbida constitúe unha das ideas máis orixinais e fermosas dentro da composición musical do século XX: os "Cidadanos Conciertos de Campanas". Trátase de descomunales sinfonías de campanarios onde cidades enteiras soan ao compás de precisas partituras minimais (ou heterorepetitivas), rigorosamente coordinadas por medio de indicacions cronométricas exactas... Barber compuso xa, mais de setenta obras sonoras destas características para outras tantas cidades de España, México, Portugal, Alemaña, Italia, Holanda, Austria, Inglaterra, Franza, Cuba, Polonia, Eslovenia e Dinamarca (...). Co paso do tempo incorporáronse novas fontes sonoras que fan de contraponto ao metálico timbre das campás... peculiar instrumental que inclúe as carracas de madeira, bucinas, fogos artificiais, salvas de artillería, tambores, silbatos e sereas de buques, metais, eclosións de cañóns, tubos armónicos e, de maneira espacial, as bandas (...)."

As tres formas de escoita dos "Conciertos de Ciudad", son as seguintes:
  • Audición estática: o público sube a teitos balcóns ou colócase nos cruceiros das rúas.
  • Audición panorámica: o público sae do casco urbán onde se realiza o concerto, para subir ás montañas, colinas ou miradores panorámicos das estradas. 
  • Audición peripatética: o público deambula polas rúas da cidade, atende os ecos e rebotes, mergúllase nos tubos sonoros no que se convierten algunhas rúas estreitas. A ubicación de cada escoita, asi coma o tipo de audición que este elixa, reorganiza por completo, unha e outra vez, a estrutura espacial da obra..."  -campaners.com-
Audición.-
LLORENÇ BARBER - Concierto para campanarios y espadañas de la ciudad de Granada.
Rexistro sonoro: Cidade de Granada, 9/10/1992.
Publicado por: Hyades Arts (CD, 1992).



Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio  / Radios alternativas interesadas na emisión, contacten co Pequeno Monstro.

2 comentarios:

  1. A mediados de enero, Llorenç Barber dirigirá la Orquesta FOCO en la Casa Encendida de Madrid. Lo más seguro es que vaya. Ya te contaré ;) Descargando está el programa! Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. pues no te lo puedes perder ;) muchas gracias por el comentario y aviso Virgen
    salud

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...