Primeiro programa da serie Off Mental (a cara "B" da música), conducido e presentado por André C. Pastor pequenomonstro.
Off Mental é un programa de Producións Imaxinarias donde ouviremos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, lonxe dos circuitos comerciais, cuxo denominador común será a creatividade.
Off Mental está inspirado en Bumerang, programa de radio presentado por Agustín Galán a mediados dos 80´s na desaparecida Radio Cadena Española [RCE], reconvertida nos 90 en Radio 5 [RNE]. A súa forma de entender a radio de difusión musical, de maneira ampla e sen fronteiras, tivo en min unha fonda influencia. Moitas daquelas músicas e ambientes sobrevoarán, sen dúbida, Off Mental.

Off Mental nace, ademáis, no contexto favorable (uso normalizado do galego, programación non comercial) da activación de Rádio FilispiM (Ferrol/Galiza), emisora libre e comunitaria de cuxo grupo fundacional formo parte desde o seu berce en 2004.
Off Mental, programa 01. Set list.-
- DURUTTI COLUMN - Florence sunset (sintonía do programa)
- DURUTTI COLUMN - Red shoes.
- DURUTTI COLUMN - For madeline [II].
- JOY DIVISION - Transmission.
- LOW [Tributo a Joy Division] - Transmission (versión).
- SUBMARINE [Tributo a Joy Division] - Transmission (versión).
- MASALA - Jart jungle.
- HAROLD BUDD, DANIEL LENTZ, JESSICA KASSAKER - Kiss
- MILITIA - Su Santidad.
- HOWARD, HAYWARD, FRITH, LASWELL - Mingle.
- JAPAN - Gohsts.
- DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - September.
- DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - The boy with the gun.
Na túa liña, un moi bo programa. Personal e interesante.
ResponderEliminarCoñecía a maioría. Algúns máis polo nome que por suas obras.
Por certo, parece ca música de Japan percorre os nosos programas. Ja,ja,ja.
Tiña pensado poñer a Japan no seguinte programa, mais o facelo ti, no creo que teña moito senso poñelo de novo.
E curios, é un grupo que no é dous meus favoritos, nembargantes ten algo que cada día que pasa engancha mais.
Meus parabens por esta nova e interesante proposta.
Me declaro Off-mentalista.
Apertas.
Moitas grazas! É o primeiro programa, dalgún xeito tiña que arrancar! A pretensión e fazer algo similiar ao que fazía Agustín Galan en Bumeráng de Radio Cadena, non sei se lembras. Para min é unha referencia canto a amplitude musical.
ResponderEliminarHai que poñer a Japan, da igual que o poñe eu!!! Gosto moito de Japan e de David Silvyan en solitario e das súas colaboracións con tipos realmente sospeitosos [Sakamoto, algún integrante de CAN...]
Benvido ao clube dos off-mentalistas!!!
Apertas!
andré