A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

sábado, 19 de abril de 2014

Off Mental - programa 60



Segundo especial adicado ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa, adaptamos radiofónicamente unha entrevista realizada polo xornalista Ferrán Esteve ao director executivo de ECM, que baixo o título "Mandred Eicher. L´home que va fer sonar el silenci", apareceu no nº 19 da revista Jaç (editorial Enderrock), correspondente aos meses de xaneiro/febreiro de 2008. A versión orixinal de dita entrevista pode atoparse neste enlace: http://lesveusdeljazz.blogspot.com.es

Para ilustrar musicalmente a entrevista, seleccionamos pezas do recompilatorio ECM - SPECTRUM, VOL. 1 (ECM Records, 1987).
  •  OREGON - The Rapids.
  •  PAT METHENY GROUP - Barcarole.
  •  KEITH JARRETT TRIO - Never let me go.
  •  L. SHANKAR - Paper nut.
  •  EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS - Tomarapeba.
  •  JOHN ABERCROMBIE TRIO - Clint.
  •  TERJE RYPDAL - Sunrise.
  •  JOHN SURMAN - Doxology.
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio


Súmate a difusión deste programa en radios alternativas.Contacta co Pequeno Monstro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...