Héctor Perezagua e Easú Reguilón ultimando a sintonía de Off Mental. |
Como ben sabedes Off Mental está de volta, tras máis de catro anos de silencio. Celebrámolo con relocente nova sintonía, "Olas de ónice", composta, ex profeso para o programa por Héctor Perezagua (Virgen Ciega, Neverend...). As persoas seguidoras do programa ben coñecedes ao autor (especial Perezagua), porén, engadimos anotacións biográficas actualizadas, así como referencia a Esaú Reguilón, quen aporta arranxos e interpretación do cello á peza.
Héctor Perezagua (Madrid, 1988).
Formóuse como clarinetista, mais non tardou en descubrir as posibilidades dos sintetizadores e software musical. A súa andaina iniciouse en 2007 con Virgen Ciega, proxecto polifacético que evolucionou rápidamente desde unha proposta electrónica de atmósferas industriais até un modelo estético próximo á música de cámara. Foi nesta última etapa, entre 2013 e 2014, cando se incorporan Luis Miguel López ao clarinete e Ana Belén Lopezosa á viola. Ambolos dous intérpretes de formación clásica. A fascinación de Perezagua pola música tradicional maniféstase, de xeito latente ou explicito, na traxetoria de Virgen Ciega. Bo exemplo é a peza "Canción de la aduana".
Por outra banda, o músico madrileño formou parte de Neverend, conxunto de rock alternativo que desenvolveu a súa actividade entre 2009 y 2019, con tres álbumes no mercado: "Silent", "The Singularity Code: Acoustic" e "Isolation". Nestoutra aventura, Héctor Perezagua aportou sons sintéticos e futuristas ao quinteto encabezado pola cantante Mar Souan. O grupo despediuse participando na banda sonora de "Hijas de Cynisca", documental que denuncia a desigualdad entre mulleres e homes no deporte.
Paralelamente, Héctor compón música para producións audiovisuais. Videocreación, curtametraxe, documental ou sintonías para podcasts, entre as que destacan:
- "Las tumbas" (2007), videocreación de Elena García-Oliveros, banda sonora orixinal asinada como Virgen Ciega.
- "Purgatory" (2012), curtametraxe de Samuel Márquez
- "Northern Red Sea", episodio da serie documental "Top Dive Sites" (2012)
- "Íntimo feroz" (2020), videocreación do colectivo Toxic Lesbian, que ademáis inclúe pezas orixinais de Alva Noto.
- "Olas de ónice", sintonía para o programa de radio "Off Mental" (2021).
Esaú Reguilón (Madrid, 1993).
Naceu no barrio de Vallecas. Musicólogo, a piques de rematar o grao superior de cello. Comezou relativamente tarde a tocar un instrumento clásico, 18 anos, porén é un namorado da música con maiúsculas. Esaú aporta, á composción de Héctor Perezagua, á intepretación e arranxos ao cello.
Podes escoitar a nova sintonía do programa ao comezo e final de: Off Mental - programa 96.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Obrigado!