Enya Brennan, Nightnoise, Therese Schroeder-Sheker & Liam O´Flynn |
Resucitamos unha nova edición dos Especiais de Diálogos 3, que durante algunha tempada nos aledaban as fins de semana en Radio 3, nos primeiros 90´s.
Especial "La Conexión Irlandesa" emitido (polo contexto do programa) entre ao ano 1990 e 1991. Neste programa Ramón Trecet fai una análise da andaina e sons de bandas como NIGHTNOISE ou solistas coma THERESE SCHROEDER-SHEKER ou ENYA BRENNAN, procurando conexións entre todas esas formas de entender a música tradicional con raigumes celticas.
Todos os programas que vou rescatando do meu arquivo son inéditos na rede, sendo a súa principal característica que foron emitidos orixinalmente en Radio 3 nos primeiros noventa e que, na maior parte dos casos, se trata de especiais adicados a selos discográficos, artistas ou estilos de músicas. Ista particularidade convírteos en documentos sonoros de obrigada escoita para termos datos do que estaba a acontecer dentro do que, daquela, chamaban "novas músicas", se ben ista denominación é bastante controvertida, pois certamente non se trata de nada novo, senón de reformulacións ou misturas de estilos, como acontece neste caso... Sintonizamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Obrigado!