Paul Halley naceu en Inglaterra en 1952 e cantou no coro da St. Matthew´s Church (Ottawa), cando a súa familia emigrou alí. Ao 16 anos, coma alumno do Real Conservatorio de Toronto, acada unha beca para especializarse en órgano no Trinity College de Cambridge. Entre os anos 1977 e 1989 exerce coma organista e mestre de capela da Catedral San John the Divine, colaborando co Paul Winter Consort na composición da Misa Gaia. Xa coma integrante e compositor do Consort, acada cinco premios Grammy. En 1999 abandona a formación de Paul Winter para comezar unha carreira en solitario. Na actualidade toca o órgano e canta na Capella Regalis Men e no coro de nenos King´s Chorus, ademáis de dirixir o King´s College Chapel Choir en Halifax, Nova Scotia (fonte: wikipedia).
A discografía de Paul Halley, como solista ao órgano e piano, mesmo sendo parte do Paul Winter Consort, é o seguinte: "Nightwatch" (1982), "Pianosong" (1986), "New Friend" (1986) con Eugene Friesen, "Whales Alive" (1987) con Paul Winter e Leonard Ninmoy, "Angel on a Stone Wall" (1991), 2Sound Over All Waters" (1998) con Theresa Thomason e, até a data, "Triptych" (2000).
En Nightwatch. a obra que recorre esta edición especial de Diálogos 3, reflicte aspectos cambiantes da noite, dende o fin da tarde até o mencer. A súa meditación improvisada execútaa dende o grande órgano da St. John de Divine, no transcorrer de cinco noites de gravación. A obra está divida en cinco partes: "Sunset/Dusk", "MoonDance", "Nocturne", "Nightwatch" e "Dawn/Sunrise". Máis información de como se desenvolve cada unha das partes, aquí.
Nota: libre difusión coa indicación da fonte e enlace blog: arquivo Pequeno Monstro (http://offmental.blogspot.com). Grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Obrigado!