A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

domingo, 1 de abril de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial MARK ISHAM (06/08/1991)

Mark Isham

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM, apresentado por Lara López.

A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro.

MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn.

Ao cumprir 20 anos comeza a estudar programación de música electrónica, aínda que mantén a trompeta coma instrumento principal na súa carreira coma compositor.

Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams.

No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes. A banda sonora de
The Moderns [Alan Rudolph, 1988] ou mesmo a sinfonía eletrónico-tribal para o video Tibet, editada por Windham Hill en 1990 (casa discográfica na que Isham editou parte da súa musica), son parte da súa produzón.

ISHAM ten colaborado coma músico de sesión, en traballos doutros artistas: Tanita Tikaram, Suzanne Vega, Art Lande, Taj Mahal, Van Morrison, Joni Mitchell ou, os mesmísimos, Rolling Stones.

Neste especial de DIALOGOS 3, apresentado nesta ocasión por Lara López, escoitaremos un repaso a sua biografía coma músico, parte da súa obra, así coma a súa participación creativa en traballos doutros artistas, por esta orde:

  • Patrick O´Hearn [Rivers Gonna Rise, 1988]
  • Peter Maunu [Warm Sound in a Gray Field, 1990]
  • Mark Isham [BSO Country, 1984 - traballo colectivo]
  • Mark Isham [BOS The Moderns, 1988]
  • Mark Isham [Castalia, 1988]
  • Rubaja & Hernandez [High Plateux, 1987] - Isham, produtor.
  • Mark Isham [BSO Tibet, 1990]
  • Mark Isham [BSO Songs my ChildrenTaught me, 1991].

Sintonizamos. Radio 3 [RNE], tres da tarde, Dialogos 3.
Dirixe: Ramón Trecet. Apresenta: Lara López.


martes, 27 de marzo de 2012

NIGHTNOISE - Concerto no Teatro Calderón de Valladolid (23/04/1991)]

Formación orixinal de Nightnoise

Non se trata exactamente dunha edición especial de DIÁLOGOS 3, mais si dun concerto do cuarteto de Oregón, NIGHTNOISE celebrado no Teatro Calderón de Valladolid o 23 de abril de 1991, retransmitido por Radio 3 [RNE] e apresentado e comentado por Ramón Trecet, unha noite dese mesmo ano.

É dicer, que sigo a recuperar alfaias do meu arquivo sonoro, antes de que o tempo acabe por destruir o contiúdo rexistrado neses "artiluxios sonoros" tan entrañábeis [as cintas de casete], que como sabedes xa non se fabrican e das que se veñen de cumprir 50 anos da súa invención.

Aquela noite do 23 de abril de 1991, no Teatro Calderón de Valladolid, o público asistiu a nun dos concertos da, daquela, segunda xira polo Estado español do cuarteto orixinal irlandés-estadounidense:

  • Tríona Ní Dhomhnaill [piano e voz].
  • Billy Oskay [violín e viola].
  • Brian Dunning [frautas].
  • Mícheál Ó’Domhnaill [guitarra].

Como curiosidade, algúns anos despois este mesmo concerto, volveu emitirse en Radio 3 coincidindo coa morte dun dos fundadores de Nightnoise, o guitarrista irlandés Mícheál Ó’Domhnaill [fallecido o 8 de xullo de 2006 aos 54 anos de idade]. Ista re-emisión aconteceu o 15 de xullo de 2006, no programa Músicas Posíbles [Radio 3] de Lara López. Esoutra gravación pode atoparse neste enlace.

O que ides atopar aquí non ten nada que ver con esa re-emisión. É a emisión orixinal do ano 1991, poco despois do concerto, presentada e comentada por Ramón Trecet e da que non teño atopado ningún outro enlace na rede, polo que pode que sexa unha rareza.

A gravación do concerto, tal cual a emisión, dura uns 60 m. Cara o minuto 28 da gravación hai unha interrupción dus segundos debido ao cambio de lado da cinta casete. Procuro non editar máis do necesario o audio orixinal para que o que escoitedes teña a máxima cualidade posíbel.


Video: Nightnoise en Sevilla en 1990, un ano antes que en Valladolid.

Imaxe (2): folleto e ticket de entrada a concerto Valladolid, tirada de: http://rogicas.blogspot.com.es/1991_04_01_archive.html

luns, 26 de marzo de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial NIGHTNOISE (07/08/1991)

Nightnoise


Seguimos a rescatar do arquivo do "Pequeno Monstro" algunhas das máis míticas edicións do programa DIÁLOGOS 3 [Radio 3], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.

Nesta ocasión un interesante especial fin de semana, adicado a biografía da banda de folk-cámara NIGHTNOISE, emitido un en Radio 3 (RNE) o 07/08/1991.

Nightnoise foron unha banda cuxo orixe está no ano 1984, cando o violinista estadounidense Billy Oskay e o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, publican na compañía estadounidense Windham Hill, un disco titulado precisamente así, Nightnoise.


Tres anos despois, 1987, Tríona Ní Dhomnaill [irmá de Míchaél] e o flautista irlandés-estadonidense Brian Dunning, se unen aquel dúo, resultando a primeira formación que adopta o nome daquel estupendo primeiro disco:
Nightnoise. O primeiro álbum, coma cuarteto Nightnoise, foi Something of Time [Windham Hill, 1987].

Desde o meu parecer, eses dous albumes son os mellores publicados pola formación. Música folk, de cámara, antigua e, sobre todo, maxia, conflúen nestas dúas alfaias sonoras dos oitenta.

A estes dous traballos lles seguen
At the End of the Evening [1988], The Parting Tide [1990] e o recompilatorio A Windham Hill Retrospective [1992]. Precisamente neste álbum, Oskay abandona a banda que é sustituido polo violinista escocés Johnny Cunningham. Con esta nova formación publican: Shadow of Time [1994], A Different Shore [1995] e The White Horse Sessions [1997]. Coincidindo con ese último lanzamento, Cunningham abandona a banda sendo substituido polo violinista irlandés John Fitzpatrick.

Nightnoise se disolven oficialmente a finais de 2003 cando, aos 46 años anos, o violinista
Cunningham falece dun ataque al corazón. Xa en xullo de 2006, un dos seus fundadores,o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, morre na súa casa de Dublín, por causas das que non existe demasiada información, agás que ses tratou dun accidente doméstico.


Sintonizamos. Tres da tarde, Radio 3, Dialogos 3, Ramón Trecet...





venres, 23 de marzo de 2012

Off Mental - programa 21

 Shadowfax (Shadowdance - Windham Hill, 1983)


Programa Nº 21 en Rádio FilispiM da serieOFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro. Outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
  • RICHARD BURMER - Across the view [Western Spaces. Album colectivo xunto Steve Roach e Kevin Braheny. Innovative Communication, 1987].
  • WILLIAM ACKERMAN & CHUCK GREENBERG - Visiting (Live) - [Show in Omaha, Nebraska. Windham Hill, 1986].
  • SHADOWFAX & CHUCK GREENBERG - A pausa in the rain [Live. Windham Hill, 1987].
  • NIGHTNOISE - Timewinds [Something of time. Windham Hill, 1987].
  • NIGHTNOISE - The erebus and the terror [Something of time. Windham Hill, 1987].
  • NIGHTNOISE - Hourglass [Something of time. Windham Hill, 1987].
  • KEITH JARRETT - January 24, 1975, Part 1 (extracto) - [The Köln Concert, ECM, 1975].




domingo, 18 de marzo de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial DEAD CAN DANCE (primavera 1994)

Brendan Perry & Lisa Gerrad (Dead Can Dance)

Dous novos especiais de Diálogos 3 rescatados do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, nesta ocasión adicados a formación Dead Can Dance conformada por Lisa Gerrad [Australia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959].

Dead Can Dance ficha en 1984 pola discográfica de londinense 4AD na que graban un primeiro album homónimo e no que colaboran outras banda do mítico selo underground, coma This Mortal Coil.

En 1985, publican o seu segundo album, Speen and Ideal, que os catapulta coma banda de "culto" e sitúa nos primeiros postos das listas do Reino Unido. En 1986 chegaría o seu terceiro traballo, Within the Realm of a Dying Sun.

Xa en 1988 o seu cuarto, The Serpent´s Egg. Ademáis, ese mesmo ano escriben temas para o filme El Niño de la Luna [Agustín Villaronga], donde a propia Lisa Gerrad debuta coma atriz. En 1990 publican Aion, o quinto traballo, que os leva de xira a América. O ano 1992 fan o propio co famoso recompilatorio A Passage in Time

Xa no ano 1993 participan na banda sonora do impactante filme documental Baraka [Ron Fricke] e editan Into the Labyrinth, traballo co que conqueren o maior éxito. Unha macroxira americana e europea fica rexistrada no album e filme Toward the Within.

O último traballo como Dead Can Dance foi publicado en 1996 baixo o título de Spiritchaser. Tanto Lisa coma Brendan publican sendos traballos en solitario: The Mirror Pool [1995] e The Eye of the Hunter [2000], respeitivamente.

No primeiro dos programas especiais que Ramón Trecet adicou a este ecléctico dúo, analisa os primeiros traballos. No segundo, realiza unha transcripción radiofónica dunha entrevista realizada ao dúo en outubro do ano 1993. Cada gravación ten uns duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que os programas non están completos, mais non deixan de ser documentos de grande interés. A emisión destes espazos en Radio 3 (RNE) datan da primavera de 1994.

Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3, Dialogos 3, Ramón Trecet...
Nota: este enlace contén ambos audios encadeados.


mércores, 14 de marzo de 2012

Off Mental - programa 20

 John Surman - Withhoding Pattern (ECM, 1985)

Programa Nº 20 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro. Outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Especial JOHN SURMAN [Withholding Pattern, ECM 1985]Misturadas con comentarios da biografía do artista e cunha introducción ao selo discográfico de Múnich ECM [Edition of Contemporary Music], ouvimos:
  •  Doxology.
  • Changues of Season.
  • All cat´s whiskers and Bee´s Knees.
  • Holding Pattern I.
  • Skating on thin Ice.
  • The Snooper.
  • Wildcat Blues.
  • Holding Pattern II
John Surman, play:
- Baritone and soprano saxophones.
- Bass clarinete.
- Recorder.
- Piano.
- Synthesizer.



domingo, 11 de marzo de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Especial catálogo ECM - parte 2 (marzo 1992)

Portada dun  recompilatorio do selo E.C.M.

Seguimos a desempolvar vellas cintas de casete do arquivo sonoro do Pequeno Monstro [Rádio Filispim].

Como dixemos no seu momento, é un "agora ou nunca", e penso que, no caso destas edicións especiais de Diálogos 3, si pague a pena, pola grande cantidade de datos que subministra Trecet sobre os artistas, nun momento no que, lembremos, conquerir información sobre estos tipos de músicas e artistas era unha tarefa certamente complicada, sendo a rede de internet algo que viamos nas películas americanas e pouco máis.

Estamos no mes de marzo do ano 1992. Segunda e última das entregas do especial de Diálogos 3, adicado ao selo de Múnich ECM [Edition of Contemporary Music]. Nesta ocasión Rámón Trecet nos oferece pinceladas da biografía e traballos en ECM, dos seguintes artistas:

  • JOHN SURMAN [Withholding Pattern, 1985]
  • OREGON (Ralph Towner, Collin Walcott, Glen Moore) [Oregon, 1983]
  • CHICK COREA & GARY BURTON [Duet, 1979]
  • L. SHANKAR [M.R.C.S, 1991]
  • EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS [Duas Vozes, 1984]
  • COLLIN WALCOTT con John Abercrombie, Dave Holland & Jack DeJohnette [Cloud Dance, 1976]
  • PAT METHENY [Offramp, 1982].
Unha fin de semana do mes de marzo do ano 1992, sintonía de Rádio 3 [RNE], tres da tarde, Diálogos 3, Ramón Trecet...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...