Eugene Friesen |
Seguimos a dixitalizar edicións de DIÁLOGOS 3 [Rádio 3-RNE], apresentadas e dirixidas por Ramón Trecet.
Nesta ocasión especial audución da misa Earth Requiem [Stories of Hope], composta polo violonchelista do Paul Winter Consort, EUGENE FRIESEN, gravada no ano 1992, mais nunca comercializada.
Esta gravación foi efectuada en directo nunha pequena igrexa de Durham en Carolina do Norde [EE.UU] no ano 1992, sendo actualmente inédita discograficamente. No transcorrer do programa, Ramón Trecet comenta que esta gravación lle foi achegada polo propio Friesen en formato cinta ao pouco tempo de ser gravada.
Nesta audición ouviremos ao propio Eugene Friesen no violoncelo, acompañado polo coro habitual da Catedral St. John the Divine [NYC] dirixido por Paul Halley quen tamén toca o piano, ademáis de Glen Vélez á percusón e outros músicos habituais do Paul Winter Consort.
Eugene Friesen naceu en 1952. Graduado na Yale School of Music, forma parte do Paul Winter Consort dende o ano 1978. Ademáis é parte da formación Trio Globo, xunto a Howard Levy e Glen Vélez; por outra banda, é profesor asociado do Berklee College of Music en Boston, Massachusetts. Actualmente vive en Vermont coa súa dona, Wendy, e o seu fillo.
Eugene Friesen, xunto a súa dona, é propietario dunha produtora sen ánimo de lucro, Sonoterra Productions.
Ademáis da súa participación creativa en moitos dos trabalos do Paul Winter Consort, a produción musical de Eugene Friesen, en solitario ou a xeito de colaboracións, é a que segue:
En solitario:
- Arms Around You [Living Music, 1989]
- The Song of Rivers [Fiddle Talk Music, 1998]
- In the Shade of Angels [Fiddle Talk Music, 2003]
- Sono Miho [Fiddle Talk Music, 2005]
- Pure Water, Potry of Rumi con Coleman Barks [Fiddle Talk Music], 2008]
- Colorful Trasitions, 2009
Co pianista Paul Halley:
- New Friend [Living Music, 1986]
- Vacant [Dream Theater´s Train of Thought, 2003]
Sintonizamos. Ano 1993, Radio 3, Diálogos 3. Conduce: Ramón Trecet. Misa Earth Requiem [Stories of Hope] composta no ano 1992 por Eugene Friesen, gravada tal e como ouviredes neste audio, mais, nunca publicada discográficamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Obrigado!