A cara "B" da música, na cara "B" da radio # The "B" side of music, on the "B" side of radio. Conducted by: André C. Pastor —Pequeno Monstro—.

mércores, 9 de maio de 2012

Off Mental - programa 27

Juan Alberto Arteche Goal (Finis Africae).

Programa Nº 27 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro. Outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
  • FINIS AFRICAE - Hybla [Prima Travesía, 1984].
  • FINIS AFRICAE - Entrada en el parque: los pobres del mundo tocan el bombo [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • FINIS AFRICAE - Doble reflejo de la luna en el agua [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • FINIS AFRICAE - Los colores de mis botas [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • FINIS AFRICAE - Ceremonia mágica en el estanque [Un día el el parque. GASA, 1985].
  • LUIS DELGADO - Kotubia [Alquibla. RTVE Música, 1988].
  • LUIS DELGADO - Xmaal Fnaa [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Reflexión) [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - El desierto, realidad y espejismo [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - El tambor del sol [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - El baño lustral [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Profecía) [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Itinerario de un campeón [Alquibla. RTVE Música, 1988]
  • LUIS DELGADO - Ver sin ser vista (La mujer en el Islam) [Alquibla. RTVE Música, 1988]



Video: Finis Africae nun concerto en  Lanzarote, ano 1996. Juan Alberto Arteche, Markus Breuss, 
Javier Bergia e Juan Carlos Fdez; cada quen ao seu...

domingo, 6 de maio de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - EUGENE FRIESEN - Earth Requiem

Eugene Friesen

Seguimos a dixitalizar edicións de DIÁLOGOS 3 [Rádio 3-RNE], apresentadas e dirixidas por Ramón Trecet.

Nesta ocasión especial audución da misa Earth Requiem [Stories of Hope], composta polo violonchelista do Paul Winter Consort, EUGENE FRIESEN, gravada no ano 1992, mais nunca comercializada.

Esta gravación foi efectuada en directo nunha pequena igrexa de Durham en Carolina do Norde [EE.UU] no ano 1992, sendo actualmente inédita discograficamente. No transcorrer do programa, Ramón Trecet comenta que esta gravación lle foi achegada polo propio Friesen en formato cinta ao pouco tempo de ser gravada.

Nesta audición ouviremos ao propio Eugene Friesen no violoncelo, acompañado polo coro habitual da Catedral St. John the Divine [NYC] dirixido por Paul Halley quen tamén toca o piano, ademáis de Glen Vélez á percusón e outros músicos habituais do Paul Winter Consort.

Eugene Friesen naceu en 1952. Graduado na Yale School of Music, forma parte do Paul Winter Consort dende o ano 1978. Ademáis é parte da formación Trio Globo, xunto a Howard Levy e Glen Vélez; por outra banda, é profesor asociado do Berklee College of Music en Boston, Massachusetts. Actualmente vive en Vermont coa súa dona, Wendy, e o seu fillo.

Eugene Friesen, xunto a súa dona, é propietario dunha produtora sen ánimo de lucro, Sonoterra Productions.

Ademáis da súa participación creativa en moitos dos trabalos do Paul Winter Consort, a produción musical de Eugene Friesen, en solitario ou a xeito de colaboracións, é a que segue:

En solitario:
  •  Arms Around You [Living Music, 1989]
  •  The Song of Rivers [Fiddle Talk Music, 1998]
  •  In the Shade of Angels [Fiddle Talk Music, 2003]
  •  Sono Miho [Fiddle Talk Music, 2005]
  •  Pure Water, Potry of Rumi con Coleman Barks [Fiddle Talk Music], 2008]
  •  Colorful Trasitions, 2009
Co pianista Paul Halley:
  •  New Friend [Living Music, 1986]
Coa banda de "metal" Dream Theater:
  •  Vacant [Dream Theater´s Train of Thought, 2003]
Sintonizamos. Ano 1993, Radio 3, Diálogos 3. Conduce: Ramón Trecet. Misa Earth Requiem [Stories of Hope] composta no ano 1992 por Eugene Friesen, gravada tal e como ouviredes neste audio, mais, nunca publicada discográficamente.

venres, 4 de maio de 2012

Off Mental - programa 26 (Manuel Göttsching - Ash Ra Tempel)

Manuel Gottshing - Ash Ra Tempel (Inventions for Electric Guitar, 1975)


Programa nº 26 da serie OFF MENTAL. Outras músicas doutra forma, presentadas por André C. Pastor, pequenomonstro. 

Especial ASH RA TEMPEL-MANUEL GÖTTSHING.

Neste programa:
  • ASH RA TEMPEL (Manuel Gottshing) - Echo Wawes (extracto) -  [Inventions for Electric Guitar. Kosmiche Musik Records, 1975 - Spalax Music, 1991].
  • MANUEL GOTTSHING - E2-E4 (extracto) - [E2-E4. Inteam GmbH Records, 1981 - Racket Records, 1987 - Spalax Music, 2004].
  • ASH RA TEMPEL (Manuel Gottshing & Wolfgang Müller) - Darkness/Flowers must die (extracto) - [Schwingungen. Orh  Records, 1972 - Spalax Music, 1991].
  • ASH RA TEMPEL  (Manuel Gottshing & Klaus Schulze) - Amboss (extracto) - [ASH RA TEMPEL. Ohr Records, 1971 - Spalax Music, 1991].





video: remistura da peza E2-24 de Manuel Gottsching, coa fantasmagórica intervención de 
Laurie Anderson [Mondo Disco Edit].

domingo, 29 de abril de 2012

PAUL WINTER CONSORT - Palacio de Congresos y Exposiciones de Madrid - 25/01/1991 (Radio 3-RNE)

Paul Winter Consort

Rescatado dunha vella cita de casete do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, aquí temos un dos primeiros concertos no Estado español da formación de world-music, PAUL WINTER CONSORT, celebrado no Palacio de Congreso e Exposiciones de Madrid o venres 25 de xaneiro de 1991, según a retransmisión en directo de Radio 3 [RNE], ese mesmo día.

O concerto foi organizado polo Club de Música e Jazz San Juan Evangelista e etiquetado pola organización coma "New Age", dentro dunha xira que, aquel ano, o levaría por diversas cidades do Estado, incluido o país galego, Compostela.


Os comentarios, durante aquela retransmisión, foron realizados por José Miguel López [Discópolis], dende no propio concerto e por Jesús Ordovás [Diario Pop], dende os estudios de Radio 3 [RNE]. Unha estrana conxunción de locutores...


Naquela ocasión o Paul Winter Consort estaba conformado por:

  •  Paul Winter, saxo soprano.
  •  Paul Halley, piano.
  •  Eugene Friesen, violonchelo.
  •  Rhonda Larson, frauta.
  •  Glen Vélez, percusón.

Con respeito da catalogación da música de Paul Winter coma "New Age", no transcurso dunha charla-coloquio organizada polo Club Musical Delta da Universidade Politécnica de Madrid [UPM] poucos días antes do concerto, transcrita no fanzine En Cintas Vírgenes [marzo de 1991], o propio Paul Winter comenta o que de seguido transcribimos:

"Onde quixer que haxa unha nova tendencia en EE.UU o negocio da música comercial aparece. No transcurso dos 25 anos que levo fazendo música, vin nacer ao redor de dez ou doce etiquetas diferentes para catalogar un tipo de música, do mesmo xeito que as vin desaparecer. É moi difícil que unha etiqueta describa correctamente un tipo de música. Normalmente non me importa como a xente chame a miña música mentres a escoite. Se hai unha etiqueta que particularmente impide escoitar a nosa música preferimos que non nola atribúan. New Age, en EE.UU, convertiuse nunha etiqueta asociada coa música creada ´nas nubes´, e nós, que sempre fixemos reverencia a Terra (Gaia), as raigumes, preferimos chamala Earth Music. Ao sermos unha banda acústica temos características especiais, pois a música electrónica dominou claramente a cultura occidental nos últimos 20 anos. Cando a xente escoita a nosa música acústica pensa que ouven algo novo e conclúen que como tocamos música acústica durante 25 anos, debemos ser os inventores da New Age music, mais, eu digo que os instrumentos acústicos levan sobre a faz da terra milleiros de anos e nós non os inventamos (..)".

O Paul Winter Consort é unha formación multicultural fundada no ano 1967, liderada polo saxofonista e destacado activista medioambiental Paul Winter [Altoona, Pennsylvania, 1939]. O grupo mistura elementos da música de cámara, jazz e world-music, así como vozes de animais [lobos, baleas...] e da natureza. Ao longo dos anos pasaron pola formación outros músicos, que conformaron o denominado Consort: David Darling, Paul Mc Candless, Ralph Towner, Glen Moore, Collin Walcott [todos estes tambén integrantes da formación de Jazz Fusión OREGÓN], Nancy Rumbel, Jim Scott, Russ Landau, Susan Osborn, Oscar Castro-Neves, Nóirín Ni Riain, Davy Spillane... Moitos deles gravaron para o selo Living Music, creado polo propio Paul Winter para a auto edición dos seus traballos.

Nestoutro enlace atoparedes unha crónica daquel concerto publicada no diario El País: http://elpais.com/diario/1991/01/27/cultura/664930804_850215.html


Sintonizamos. Paul Winter Consort no Palacio de Congresos y Exposiciones de Madrid tal como o retransmitiu Radio 3 ese mesmo día, 25 de xaneiro de 1991.


Imaxe do Tiquet entrada orixinal concerto Paul Winter Consort, Palacio Congresos, Madrid, 25/01/1991, tirada do blogue: http://rogicas.blogspot.com.es/1991/01/paul-winter-consort-en-el-palacio-de.html.

venres, 27 de abril de 2012

Off Mental - programa 25

 Music Without Frontiers  (Venture Records -Virgin, 1987)


Programa Nº 25 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado por André pequenomonstro. Outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
  • PAUL BLEY (piano) & John Surman (saxo), Bill Frisel (guitarra), Paul Motion (percusión) - Memories [Fragments. ECM, 1986].
  • PAUL BLEY (piano) & John Surman (saxo), Bill Frisel (guitarra), Paul Motion (percusión) - Monica Jane [Fragments. ECM, 1986].
  • HANS JOACHIM ROEDELIUS & Alexander Czjzek [saxo] - Guten Morgen [Momenti Felici. Venture, 1987].
  • HANS JOACHIM ROEDELIUS & Alexander Czjzek [saxo]- Pas de Deux [Momenti Felici. Venture, 1987].
  • EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - Celebration [Celebration.Venture, 1987].
  • EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - Folk Song (Chic Corea) - [Celebration. Venture, 1987].
  • EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - For Vic [Celebration.Venture, 1987].

luns, 23 de abril de 2012

Diálogos 3 (Radio 3-RNE) - Evolución da música electrónica - Cap.2 ISAO TOMITA (02/02/1992)

Isao Tomita no seu estudo.

Novo especial de Diálogos 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón ISAO TOMITA.

Se na primeira metade deste especial falamos dos instrumentos, nestoutra nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista desta entrada/programa, Isao Tomita.

En 1970, na Alemaña, Ralf Hutter e Florian Schneider, fundan Kraftwerk; ámbolos dous se coñeceran dous anos antes estudando música clásica no conservatorio de Dusseldorf. Nacen cunha visión urbana e industrial do mundo que os rodea, nun contexto de espectacular desenvolvemento industrial e de infraestruturas: rañaceos, autoestradas, electrodomésticos... A música tecno vén sendo o folk urbano, o contemporáneo latexo da urbe.

Naqueles anos, Edgar Froese, Christopher Franke e Steve Schroyder, forman Tangerine Dream [TD], tamén alemáns, que editan o álbum Alpha Centauri [1971] nunha época onde o impacto da carreira pola conquista do espazo protagoniza o panorama músical e a sociedade en xeral. Pola súa banda, Conrad Schnitzler abandona TD para regresar por un tempo a outra das bandas seminais da nova música, Cluster, da que pronto sairá para iniciar a súa carreira en solitaro. Klaus Schulze tamén abandona TD e funda Ashra Tempel. Todas estas bandas se engloban dentro da etiqueta krautrock [ou kosmiche musikxurdida na Alemaña Occidental a finais dos 60, un subxénero do chamado rock progresivo, con moita máis ambición creativa e de matiz contracultural. 

Os 60 foron anos convulsos e revolucionarios. Na Alemaña uns poucos visionarios deciden crear unha identidade social e cultural propia, alonxada tanto da influencia británica coma da falsa identidade alemá creada polas potencias vencedoras na II Guerra Mundial [URSS, EEUU, Inglaterra e Franza], que impuñan unha lei de silencio que borraba da memoria colectiva calquer feito anterior ao 1945. Nese daldo de cultivo xurde un dos movimentos musicais máis revolucionarios [estética e políticamente falando] da historia da música "popular", o krautrockAqueles xóvenes intrépidos alemás non podían imaxinar que acabarían sendo o xérmolo da "deslavazada" e "hedonista" música electrónica dos nosos días, coma tampouco imaxinan quen hoxe a disfrutan que nos seus alicerces están mesmo as comunas libertarias de Munich do 1968.

Estes novos músicos usaban elementos do rock sicodélico, experimentaban con "collages" de sons e efectos xurdidos dos novos instrumentos electrónicos, improvisaban, creaban atmósferas, incorporaban elementos da música clásica contemporánea [música concreta] ou mesmo filtreaban co minimalismo da primeira xerazón [La Monte Young], free jazz, avantgarde ou a música oriental.

As bandas daquel krautrock eran ben diversas. Mentres Tangerine Dream realizaban musica planeadora ou space rock, Faust e Kraftwerk exploraban sons máis industriais. Pola súa banda, Cluster [Moebius, Roedelius, Brian Eno] e Popol Vuh, facían unha aproximación ao ambient, que chegada a década dos 80 se popularizou coma New Age. Outras bandas coma Agitació Free, experimentaban con jazz e elementos etnicos.

Naquel movimento krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas:


1.  A Escola de Berlín,  refírese ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Téndese a identificala coa kosmiche music [música cósmica, planeadora].


2. A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e rítmicas liñas de baixo, acompañadas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sedon as pezas fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario.


O certo é que a popularidade do krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral do momento foi escasa. Agora ben, nos seguintes anos bandas de todo o mundo se verían influenciadas por aquelas formacións pioneiras alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos.


De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da "nova música", atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.


En InglaterraPink Floyd están nunha das fases máis cósmicas, co seu album Meddle [1971].

En Grecia, un músico chamado Evángelos Odiseas Papathanassiou, máis coñecido coma Vangelis, se atopa nunha etapa de transición decisiva na súa carreira musical. A banda Aphrodite´s Child disólvese, tras o álbum con referencias bíblicas e pasaxes altamente experimentais 666 [1972], donde o músico Vangelis asume a composición. Desta época é o seu álbum en solitario, fantastica BSO da serie documental adicada ao reino animal, L´Apocalypse des Animaux [1973].

Estamos nos primeiros anos 70. A música electrónica aínda se relaciona coas "viaxes" lisérxícas da LSD e alucinacións de combatentes da Guerra do Vietnam. Mais todos aqueles primeiros instrumentos electrónicos están a punto de se estender aos xéneros máis populares da música: o rock e o pop. Bandas coma Yes, Génesis e Jan Hammer, comezan a incorporalos nas súas gravazóns e directos...

Na URSS, Eduard Artemiev prosegue a súa innovadorda carreira musical, con traballos coma a BSO de Solaris [1968]. Pese ao telón de silencio da época, artistas da Europa do Leste comezan a darse a coñecer ao outro lado do telón de aceiro: o polaco Marek Bilinsky, o iugoslavo Laza Ristovski, o alemán oriental Rainer Oleak, e os húngaros Petr Hapka, Gabor Pressor e Laszlo Benko.

Daquela, a tecnoloxía en materia de instrumentos electrónicos avanza de maneira significativa en apenas un par de anos e segue a popularizarse o seu uso en bandas que pouco o nada tiñan que ver con aquel incipente movimento das formacións pioneiras. Un exemplo é o do grupo folk-rock norteamericano, Creadence Clearwater Revival, quen publica algunhas pezas con rasgos inusuais, caso da titulada Pendulum [1970], de carácter experimental.

Volvendo á Alemaña, Kraftwerk comeza a ter éxito, coa publicación do álbum Autobahn [1974] un canto ás autoestradas, que dá a coñecer o tecno en Europa. Nel, cantan ao través dun prototipo de vocoder construído especialmente para eles, como moitos dos instrumentos que utilizan. Se Tangerine Dream popularizaron o secuenciador, na confección de complexos ritmos, Kraftwerk popularizaría o vocoder, logrando voces metálicas que semellan proceder dun robot. O certo é que o vocoder foi inventado nos anos 30 e non tiña na súa orixe aplicacións musicais, senón militares, como codificador/decodificador de voz, para enmascarar ou desenmascarar conversacións telefónicas, coma una parte máis do sistema de "Intelixencia Aliada" durante a II Guerra Mundial.

Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975], donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica coma non se oira até daquela. Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon [1975] in the Malaysian Pale, un complexo e innovador traballo.

A finais dos setenta Conrad Schitzler, colleita un grande éxito co seu Super Sound Single [1980], traballo que augura un brilante porvir á música electrónica máis aló da experimentación e "pirotécnia", ou mesmo fascinación, dos primeiros momentos. 

Deixamos a Alemaña sen marchar de mediados dos 70. En Italia, autores coma Giuliano Sorgini son pioneiros nunha música totalmente electrónica para bandas sonoras de películas de terror. 

En Grecia Vangelis crea o estudio de gravación Nemo Studios, que  dará forma a algunha das súas mellores produzóns, o álbum Heaven and Hell [1975], unha das obras mestras da nova música electrónica, onde os aspectos épicos e místicos son os protagonistas, lonxe da oleada cósmica e planeadora do krautrock alemán. Unha proba sonora de que a música electrónica non é sinónimo de frialdade e robótica, se cadra, pode transmitir emocións e sentimentos en igualdade de condicións ca unha orquestra tradicional acústica, coa particularidade de poder crear novos sons e ambientes, coa axuda da tecnoloxía, de aí a consideración de "nova música" cando falamos deste apaixoante periodo da música contemporánea máis "popular".

E chegamos ao Xapón, donde un tal Isao Tomita segue as pegadas de Wendy Carlos adicándose inicialmente a facer versións electrónicas de pezas do repertorio clásico, substituíndo a orquesta acústica polos novos instrumentos electrónicos.


Isao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestración e composición mentres estudia historia da arte na universidade. Gradúase en 1955 e convírtese en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para a equipa ximnástica nipona.

A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpreta música clásica cun sintetizador Moog. Tomita, non dubida en mercar un Moog III e comeza a montar o seu propio estudio doméstico. As súas primeiras pezas son arranxos para sintetizador de obras do compositor francés do XIX, Claude Debussy. De aí resulta o álbum Snowflakes are Dancing [1974], que se convirte en grande éxito. A versión, nel contida, do Arabesco nº 1, se utiliza na serie de TV de divulgación astronómica Star Hustler. No Estado español,  nos anos oitenta, o súa versión do Arabesco nº 1 forma parte da cabeceira do extraordinario programa de TVE El Planeta Imaginario, un xenial programa, cuxo innovador formato ficou na memoria de toda unha xerazón.

Nese mesmo ano, 1974, Tomita, compón a música para o filme nipón Last Days of Planet Earth. Naqueles anos utiliza a técnica denominada klangfarbenmelodie, ao usar voces sintetizadas. Os seus seguintes traballos serán de novo arranxos dos seus clásicos favoritos, The Firebird [1975] de Igor Stravinski, Pictures at an Exhibition [1975]de Mussorgsky, ou The Planets [1976] de Gustav Holst.

En 1998 compón unha fantasía sinfónica híbrida para osquestra e sintetizador titulada The Tale of Genji, inspirada nunha historia xaponesa homónima. Dita partitura, orixinal de Tomita, foi interpretada por orquestras tradicionais en Tokio, Los Ángeles e Londres. En 1999 publicouse en CD a gravazón en directo dun daqueles concertos, seguida dunha versión xa de estudio, para sintetizadores, no ano 2000. A súa partitura para sintetizador gañou o premio da Academia Xaponesa en 2003 en recoñecementos aos logros acadados na música. A obra musical de Isao Tomita é numerosa e pode consultarse neste enlace.

Regresamos ao planeta terral. Diálogos 3, Radio 3. Segunda metade do especial dos "Inicios da Música Electrónica" [Isao Tomita]. Conduce: Ramón Trecet




Fontes documentais texto entrada: 
http://es.wikipedia.org/wiki/Isao_Tomita
http://artcontext.com/artskool/jem/itc.html
- http://notoquesmassam.blogspot.com.es/2012/02/krautrock-rebirth-of-germany.html
Outros enlaces interesantes:
- http://www.scannerfm.com/actualidad/%C2%BFque-es-el-krautrock/
- http://www.scannerfm.com/especial/krautrock-music-for-your-brain/
http://www.scannerfm.com/especial/krautrock-abre-tu-mente-y-ii/
- http://www.audionautas.com/2011/03/krautrock-rebirth-of-germany.html

mércores, 18 de abril de 2012

Off Mental - programa 24

 Geoff Smith & Nicola Walker-Smith  (15 Wild Decembers, 1995)


Programa Nº 24 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro. Outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
  • GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - The Last of England [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
  • GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - Six Wings of Bliss [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
  • GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - Possed me [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
  • ANNE CLARK - Killing Time [The Best of Anne Clark. Beehive Trading Ltd, 1994].
  • ANNE CLARK - Swimming [The Best of Anne Clark. Beehive Trading Ltd, 1994].
  • ANNE CLARK - Poem for a Nuclear Romance [The Best of Anne Clark. Beehive Trading Ltd, 1994].
  • ANNE CLARK & VINY REILLY - The Last Emotion [The Best of Anne Clark. Beehive Trading Ltd, 1994].
  • THIS MORTAL COIL - Acid, Bitter and Sad [Recomplilatorio: Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].
  • COCTEAU TWINS - Crushed [Recomplilatorio: Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].




Video: Remistura electrónica da peza Six Wings of Bliss, publicada no mesmo ano que o album que contiña a versión orixinal [15 Wild December, 1995]
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...